25/3/09

"Lobezno", visto por Van Gogh e outros

Marvel celebra o 35º aniversario do personaxe cunha serie de portadas ilustradas ao estilo de grandes artistas de todos os tempos

Como retratarían a Lobezno Van Gogh, Picasso ou Dalí? Nunca o saberemos, pero na editorial de cómics Marvel propuxéronse un exercicio recreativo para conmemorar o 35 aniversario do seu mutante máis famoso. Co título de Wolverine Art Appreciation Month, durante todo o mes de abril publicaranse varias portadas de diferentes series nas que aparecerá o superheroe das garras de adamantium retratado ao estilo de grandes artistas da historia, desde Gustav Klimt a Andy Warhol.

"Este é un gran ano para Lobezno, no que demostrará por que é probablemente un dos personaxes máis famosos do mundo", sinala Joe Quesada, director de Marvel Comics e un dos debuxantes máis populares do selo estadounidense. "Non só é popular entre os fans senón tamén entre os artistas, como o proba o feito de que os debuxantes de cómics máis destacados compiten por ter a oportunidade de debuxalo. O que nos fixo pensar: e se Lobezno vivise durante centos, se non miles, de anos? Que grandes artistas quererían debuxar unha portada de Lobezno?".



Texto e fotos vía El País.

3 comentarios:

Duncan de Gross dijo...

jejeje, hay cuadros francamente que hacen sonreir, este año tenemos peli de "Lobezno", a ver si no nos defrauda...

Antonio Martínez dijo...

La verdad es que la referencias son muy claras y coincido contigo que hasta divertidas.

Sarinsky dijo...

ME FASCINA X-MEN Y LOBEZNO, sobre todo el actor que lo interpreta jeje (mi querido hugh jackman...)

Unos cuadros muy chulos y originales.

Saludos mutantes