23/3/09

Devolven as cores a "Os desposoiros da Virxe" de Rafael

O cadro de "Os desposorios da Virxe", obra do pintor renacentista italiano Rafael, volve mostrar o equilibrio orixinario das súas cores grazas a unha restauración que durou pouco máis dun ano, informou hoxe a Pinacoteca de Brera, en Milán.

O cadro, realizado en 1504 por un mozo Rafael, foi presentado hoxe ao público con motivo da celebración do bicentenario da pinacoteca.

Os responsables da restauración explicaron en rolda de prensa, segundo os medios locais, que se trataba de "unha intervención necesaria xa que existían problemas relacionados coa estabilidade da cor e a que os materiais utilizados en restauracións precedentes estragáronse".

Concretamente os materiais máis deteriorados eran os que foran utilizados na última restauración, datada en 1958, cando un visitante da galería golpeou cun martelo o cóbado e o ventre da Virxe que aparece na composición.

Xunto á pintura, tamén se restaurou o marco dourado neoclásico e único neste estilo dentro da galería milanesa.

A pintura de Rafael exponse na Pinacoteca de Brera xunto ao "Cristo na columna", de Bramante, e a "Sacra conversación" de Piero della Francesca.

Segundo os expertos, o cadro foi pintado orixinariamente para adornar a igrexa franciscana de Città do Castello, no norte de Italia, e doado ao xeneral da armada francesa Giuseppe Lechi, durante a revolución napoleónica de 1798.

En 1803 a obra foi adquirida por Giaccomo Sannazari, quen un ano despois doouna ao Hospital Maggiore de Milán.

Posteriormente a pintura foi comprada e doada á Pinacoteca de Brera por decisión do vicerrei Eugenio de Beauharnais.

Comparade o resultados:




























Texto e segunda ilustración vía Faro de Vigo. Primeira ilustración vía Artehistoria.

No hay comentarios: