27/2/09

Pintura renacentista italiana: unha introdución e uns vídeos

A ausencia de referentes clásicos na pintura do renacemento fixo que o modelo de onde partir fora Giotto, tratando de profundar no seu naturalismo e buscando ser o máis realista posible polo que estes artistas tiveron que facer estudos (estudos científicos) sobre as leis da óptica e tratar de establecer a perspectiva xeométrica construíndo pirámides visuais.

A pintura do renacemento italiano, que ten as súas raíces na arte de Giotto, aportará importantes novidades técnicas (introdución progresiva do óleo) en soportes (vaise esquecendo o retablo) e temáticas (continúa a relixiosa pero introdúcese o retrato e a mitoloxía clásica, as batallas, ademais da presenza da paisaxe, a aparición dos espidos como manifestación da beleza e sempre destacando a presenza humana) Nas composicións haberá que salientar o interese polo volume das formas, polo senso espacial e pola perspectiva. Tamén o debuxo será un elemento determinante con contornos nítidos que mesmo fará que ás veces as formas semellen planas. A luz vaise manexando cada vez con máis dominio e que progresivamente facilitará a captación da profundidade espacial. O gusto pola paisaxe, non obstante, non levará ao detallismo da pintura flamenga.

Buscarase a proporción, o equilibrio e a beleza plástica. Ademais o uso do óleo permitirá acadar un realismo e unha minuciosidade nunca conseguidos ata entón en Italia.

A partir do século XVI a cor manéxase dun xeito máis solto e perde a importancia o debuxo e o contorno. As formas adquiren máis verosimilitude, menos planas grazas ao claroscuros de sombras e luces, e mesmo á aparición das sombras que practicamente non existían no século anterior. As obras gañan en profundidade ao tempo que se deixa a obsesión polos estudos de perspectiva. Tamén a paisaxe gaña en riqueza ao deixarse de representar en exclusiva a natureza en primavera e xurdir as rocas, as néboas ou os luscofuscos. E nas composicións, xorden as relacións entre os personaxes pintados a través das miradas ou dos xestos.


A continuación poderedes ver uns vídeos de obras de pintores como Botticelli, Piero della Francesca, Rafael, Miguel Anxo, Tiziano ou Tintoretto
.

5 comentarios:

Antonio Alonso dijo...

Pues siento decirte que El Nacimiento de Venus de Boticcelli es una imagen inapropiada... según Microsoft. Mira este enlace

Antonio Alonso dijo...

Botticelli, Botticelli...

Sarinsky dijo...

En mi opinión es una gran obra del arte renacentista, y siento que haya personas que piensen que esta obra es inapropiada (?¿) En fin...BOTTICELLI fue graaande!!!

Antonio Martínez dijo...

Realmente hai moitas mentes inapropiadas. Grazas polo comentario, Antonio, e pola ligazón.
Saaaaara:mira a ligazón.
Detodos os xeitos dos pintores citadoso que menosme gusta é precisamente Botticelli.

Sarinsky dijo...

Ya he visto el enlace antes de opinar y tengo que decir que la lógica va cada vez peor (algo que verdaderamente me preocupa), pero a mi me sigue gustando Botticelli, que se le va a hacer...