23/2/09

Manel Cráneo: Novela gráfica na rede


As loitas irmandiñas artellan a nova obra de Manel Cráneo

O creador de Damsmitt ultima a súa primeira novela gráfica en solitario, que verá a luz a principios de abril. Trátase de 'Os lobos de Moeche', unha historia na que a ficción e a documentación histórica se cruzan, ambientada no Medievo e nas loitas irmandiñas. Foi financiada por Euro Eume. Xa está colgado un adianto na rede.

O debuxante e ilustrador Manel Cráneo (A Coruña, 1973) é da opinión de que os libros de historia agachan unha manchea de guións ficcionábeis no cine, na literatura e mesmo no cómic. “Paréceme caralludo que os americanos collesen a historia do heroe escocés William Wallace e a convertesen nunha película fantástica de aventuras”, comenta. “O que non entendo é como nós aquí tendo un pasado tan intenso, como é o caso do do último terzo da Idade Media, con historias moi potentes que se poden levar á ficción, non o esteamos aproveitando”.

Coas loitas irmandiñas que tiveron lugar no Castelo de Moeche como pano de fondo, Cráneo está ultimando o que será a súa primeira novela gráfica en solitario. Trátase dunha obra de autor no que se entrecruzan personaxes reais con outros creados polo autor que verá a luz a principios de abril da man de Demo Editorial, un novo proxecto editor artellado ao redor do patrimonio e o cómic, coa que se estrea.

O álbum está financiado por EuroEume, unha asociación sen ánimo de lucro que promove o desenvolvemento da área do Eume. O seu lanzamento coincide coa última fase dos traballos de musealización do castelo, que proximamente abrirá as súas portas. De momento pode verse na rede un adianto do que será a novela gráfica

Texto e imaxe vía A Nosa Terra.

1 comentario:

O Segrel do Penedo dijo...

A verdade é que o autor ten razón, parece que ninguén se acorda de levar á gran pantaia a nosa historia...
Nós, faremos que este álbum entre a formar parte dos fondos da nosa biblio.