Hai unha semanas, Iniciarte vos presentaba a Cow Parade de Madrid (vacas polas rúas cun toque artístico) Pois ben, hoxe, o noso blog amigo Trafegando Ronseis que ten media sede en Laín, préstanos a seguinte entrada que non ten desperdicio algún (como o animal ao que se lle rende ofrenda)
Seguramente sabedes que estamos "no mes do cocido" e esas cousas todas. O que non sei se coñecedes é que ata Lalín chegou unha desas ideas enxeñosas do noso alcalde (é a primeira vez que esta frase non ten ápice de ironía) e temos unha exposición preciosa de porcos moi decoradiños. Recoñezo que me encantan...
En total, 26 estatuas de fibra de vidro pintadas por artistas locais, aínda que -por suposto- ao alcalde parécenlle poucas e quere que sigan medrando (en número, non en tamaño), ademais de pasealas por España e parte do estranxeiro. Porque se había vacas, por que non vai haber porcos???

3 comentarios:
Jajaja, é verdade!!!, jajaja
Os porcos séntense honrados de apareceren en tan fermoso blogue. Moitas grazas, caro amigo.
Abofé que nunca vin porcos tan pulcros.
Publicar un comentario