6/2/09

Korda, do glamour á revolución

Como non hai nada mellor que colaborar e compartir, hoxe vemos en Iniciarte o seguinte post do blog irmán O Segrel do Penedo, toda unha honra darlle cabida nesta bitácora:

Alberto Díaz Gutiérrez, fotógrafo cubano máis coñecido por Korda –tomou ese nome, segundo el mismo contaba, pola similitude fonética coa marca Kodak- e famoso pola súa fotografía do Che, comezou a súa labor fotográfica recollendo esceas da vida vida nocturna e intelectual da capital cubana. Coñeceu a Jean-Paul Sartre, Simone de Beauvoir, Régis Debray, García Márquez… e co tempo pasou de fotografar o glamour da Cuba da época a ser o reporteiro da Revolución.

Coa entrada do exército rebelde na Habana, o 2 de xaneiro de 1959, converteuse no reporteiro gráfico do xornal Revolución, e durante anos foi o fotógrafo “oficial” de Fidel Castro. No 1960, Korda tivo o seu momento de gloria. Conseguiu a fotografía máis reproducida da historia, a fotografía do Ché Guevara. Unha fotografía que regalou a un editor milanés, Gian Giacomo Feltrinelli e que este reproduxo nun cartel que dou a volta ao mundo e que o converteu en millonario, máis el “esqueceu referenciar” ao seu verdadeiro autor. Pero o tempo, moi sabio, encargouse de poñer a Korda no lugar que lle correspondía.


"La fotografía está en el ojo del fotógrafo"
Korda
Crédito das fotos:

3 comentarios:

Fet dijo...

Grandioso.

Luis dijo...

me flipan algunas.

Sarinsky dijo...

"La fotografía está en el ojo del fotógrafo"...cuanta verdad hay en esa frase!!

Muy interesante, me encanta la fotografía.