21/2/09

Igrexa de Santa Cristina de Cobres

Unha das sorpresas desta bitácora é participación dos seguidores ou dos visitantes. Hai tempo, Luís Gómez, escribiu un post, outros amigos nos facilitaron información ou recursos para diversas entradas. A última sorpresa chegou desde o sur de Galicia, desde a espectacular ría da Aldán, lugar fermoso onde os haxa. Beni Nerga , fiel seguidor de Iniciarte, enviounos unhas fotos da igrexa parroquial de santa Cristina de Cobres, xa sabedes esa parroquia onde estamos a desenvolver o proxecto de ver medrar, mes a mes, unha vivenda unifamiliar do arquitecto Alfonso Fernández.


Esta pequena igrexa foi edificada en 1678, mais logo trasladada do seu emprazamento orixinal ata o actual en Barciela. Sufriu varias reformas, de feito tal que moito do que podemos ver é do século XIX. A súa planta é de cruz latina con cuberta, a dúas augas, con gran espadana na súa fachada. Destaca moito a súa ábsida posto que é máis alta que a nave. Precisamente a nave está cuberta con bóveda de canón lixeiramente apuntada e arcos faixóns. Ten sancristía orientada ao norte e con dúas capelas con bóvedas de canón.


Podedes ver máis fotos en Vigo en Fotos e un pequeno texto no artigo de Rafael Fontoira “Las otras bellezas del Morrazo




Grazas Beni

2 comentarios:

Beni dijo...

Desde logo que fas uns posts envexables. Mándoche catro fotos e sorpréndesnos cunha información detallada (descoñecía o do traslado). Para os que nunca estivestes nese lado da ría de Vigo, non volo perdades, coa illa de San Simón vendo para nós. Es un mestre dos posts.

Antonio Martínez dijo...

Si, si, moito mestre dos pots pero son todos un coñazo. Vas ter que escribir algo divertido e artístico para Iniciarte. Xa podes ir pensado nisto.