Para rematar as entradas dedicadas a Hieronymus Bosch, máis coñecido como «O Bosco», quero presentarvos unha novela e un vídeo. O libro é a primeira novela de Isabel Abenia. Titúlase “El alquimista holandés", editada por La Esfera de los Libros. Ten por subtítulo “Una novela sobre la apasionante vida de El Bosco”.
É unha novela onde se mesturan personaxes reais (Filipe o Fermoso, Margarida de Austria), con outros de ficción. Atoparemos burgueses e inquisidores, medos e aventuras, alquimia e feiticeiras, praceres terrenais e guerras, xa que logo nunha mestura de eficaz thriller psicolóxico e novela histórica. Un libro que permitirá achegarnos á figura deste enigmático e sorprendente pintor.
O blog de libros de historia Hislibris, ofrécenos máis información.
Sobre o vídeo: E S P E C T A C U L A R.
Sobre o vídeo: E S P E C T A C U L A R.
2 comentarios:
Ola, volvín para "fusilarte" (a miña especialidade) e vin un desfase entre o título que ti dis e o título da portada. Para que vexas: necesito unha segunda lectura!
Bicos
Erro corrixido... que faría sen as miñas mulleres...
Publicar un comentario