Na desaparecida Porta Norte ou do Paraíso podería verse no século XII a Cristo no centro no trono bendicindo e cun libro, ao ó seu redor están os catro evanxelistas., á dereita está o Paraíso con cristo, Adán e Eva e á esquerda Cristo votando do paraíso a Adán e Eva; tamén había moitas figuras de santos, bestas, homes, anxos, mulleres, flores. Sería o dualismo redención-pecado.
Na fachada sur ou de Praterías estivo dedicada a Cristo e a súa dobre natureza, léndose de dereita a esquerda.
O Tímpano dereito ten na parte superior unha representación da Epifanía e na inferior varias escenas da Paixón (coroazón, flaxelación, traizón de Xudas) e a Cristo curando a un cego. Con este tímpano exprésase a dobre natureza de Xesús. A Paixón, e os seus actos, alude a súa condición humana e á súa dor como redentor. Pola Epifanía quérese significar, en troques, a súa divindade. A escena da curación do cego sinala que é o fillo de Deus. De feito nos evanxeos de san Xoán (9, 355-38) pódese ler:
Na fachada sur ou de Praterías estivo dedicada a Cristo e a súa dobre natureza, léndose de dereita a esquerda.
“Xesús enterouse de que o botaran fóra e, atopándose con el, díxolle: “Ti cres no Fillo do home?”. El respondeu: “E quen, Señor, para que crea nel?”. Xesús lle dixo: ”Víchelo: quen está falando contigo, ese é”. El entón dixo: “Creo, Señor”. E postrouse ante el.”
Ao pouco tempo de ser rematada esta fachada vai sufrir fortes remodelacións. A primeira debido ao incendio da catedral en 1117. Ao derrubarse a fachada de Acibachería ou do Paraíso no século XVIII varias das súas esculturas foron trasladas á porta sur como o Pantocrátor que presidía o friso, a Creación de Adán, a Reprensión de Eva, O sacrificio de Isaac e o David que alude ao Señor como vencedor do mal. Ademais de algunhas figuras alusivas ó pecado como a serea e o centauro; unha muller que leva no colo a un cachorro de león, alusión ó león de Xudá e tamén alude a Cristo triunfante; figura humana cun galo e serpe que significa a Cristo como vencedor do mal, xa que estes dous animais xuntos son a a imaxe do basilisco.
Mesmo a finais do século XIX foron colocadas seis figuriñas á dereita do“Beau Dieu” procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo.
Mesmo a finais do século XIX foron colocadas seis figuriñas á dereita do“Beau Dieu” procedentes do coro pétreo do Mestre Mateo.
Bibliografía
José Manuel García Iglesias.”La Edad Media”. En Historia del Arte Gallego. 1982, Alambra.
Dolores Vila Jato. Catedral de Santiago de Compostela. 2000, Everest
No hay comentarios:
Publicar un comentario