O Museo do Mar de Galicia está emplazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento (1887). Reutilizada como matadoiro municipal, en 1992 a Xunta de Galicia encargou o anteproxecto do museo ao arquitecto italiano Aldo Rossi e ao galego César Portela. Trala morte de Aldo Rossi, César Portela proxecta un complexo integrado pola vella fábrica, un novo corpo de naves, a taberna, o acuario e o faro.
O conxunto de edificacións de 14.000 m 2 do Museo son, en palabras do propio arquitecto “… unha constelación de sitios que fai posible que cada visitante poida atopar ‘o seu’ propio, acompañado sempre pola cor, o son, o recendo…, o misterio do mar, tendo sempre como referencia a liña do horizonte ou, ao solpor, as luces dos faros de Cabo Home, de Cabo Silleiro, das Illas Cíes, do Monte da Guía, ou das innumerables balizas estratexicamente emprazadas que beirean os camiños do mar…. Un encontro afortunado entre unha arquitectura lóxica, unhas artes fermosas e unha natureza feliz”.
Texto: Museo do Mar de Galicia.
Texto: Museo do Mar de Galicia.
Fotos: Iniciarte
No hay comentarios:
Publicar un comentario