Vía blog.is-arquitectura, coñecín este vídeo sobre a construción da Torre Burj en Dubai. Como saberes nese país están sometidos á tiranía da edificación. Este rañaceos comezou a seren construído en setembro de 2004 cos movementos de terras, no Xaneiro seguinte principiou a cimentación, en agosto de 2006 xa estaban nos 200 metros de altura, na actualidade superan os 700 e agárdase para decembro deste ano acadar os 818. Fixádevos na comparanza final coa Torre Eiffel.
Agardando que non vos guste deixovos outro vídeo sobre a urbanizació “A Palmeira” tamén de Dubai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario