Lembrade como teño a teima de que a Arquitectura do século XX non ten o recoñecemento social que se merece ou cando menos coma a Pintura desa época. Pois ben, o Comité do Patrimonio Mundial na mesma xuntanza de Québec onde 17 covas do Cantábrico español foron declaradas Patrimonio da Humanidade como xa vos contou INICIARTE, a UNESCO vén de declarar Patrimonio da Humanidade ao barrio de Hufeinsensiedlung, e outras cinco colonias de vivendas protexidas de Berlín construídas no primeiro terzo do século XX.

O equipo do arquitecto Bruno Taut, realizaría entre 1924 e 1931 máis de 12.000 vivendas, traballando despois en Suiza, Xapón e Turquía.
Lembrade como xa INICIARTE vos ten presentado a
Escola da Bauhaus con anterioridade e que fora declaradada, á súa vez Patrimonio da Humandidade en 1997.

A última fotografía correspóndese co edificio "Fronte vermello" desta urbanización berlinese á que tamén se coñece co a "Urbanización Ferradura". A foto está na wikipedia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario