Seguro que coñecedes estas fotos, especialmente a primeira “Almorzo no cumio do rañaceos” (Lunch atop on Skycrapen). Foi realizada en Nova York o 29 de setembro de 1932, e publicada no suplemento dominical do New York Herald Tribune o 2 de outubro dese mesmo ano.
Esta fotografías dos traballadores dos rañaceos neoiorquinos foron feitas entre os anos 1920 e 1935 polo fotógrafo norteamericano Charles Ebbets e non debemos pensar que son unha montaxe. Son auténtico traballo fotográfico de fotoxornalismo. Na actualidade estas fotografías forman parte do Arquivo Bettmann que conta con máis de 11 millóns de fotos. Desde hai anos o Arquivo Bettmann foi adquirido pola Compañía Corbis, de Bill Gates. Este arquivo é un recurso imprescindible para coñecer a historia dos Estados Unidos de América.
Fotografías: Vía Compañía Corbis.
1 comentario:
¿puedes asegurar que no son montajes? Siempre había pensado que lo eran, pero si tú me aseguras que no, te creeré.
Publicar un comentario