1/4/08

O Barroco Español: as imaxes

Aqui tedes as imaxes do Barroco Español, tras unha breve introducción.


ARQUITECTURA: Evolución distinta á europea. Os modelos herrerianos, a severidade escurialense que tan ben servía aos ideais da Contrarreforma pola súa sobria austeridade e a súa simplicidade xeométrica, van pervivir longamente. A partir de mediados do XVII os elementos decorativos, de influencia italiana, van irse impoñendo á austeridade herreriana. Este estilo máis decorativo, rico e, mesmo fantástico, vaise prolongar ata a primeira metade do XVIII.


ESCULTURA: Evolución distinta á europea. Fronte á escultura barroca de Italia e Francia de orixe berniniana, en mármore e bronce con amplo uso da mitoloxía e da alegoría, en España cultívase a escultura en madeira policromada de carácter exclusivamente relixioso, que se pon por enteiro ao servizo da piadosa sensibilidade contrarreformista, que procura aproximar a realidade do feito relixioso representado para mover a sensibilidade do crente, quen asiste, así, en certo modo, ao feito (ao “paso”) da Paixón de Cristo, ou sinte aos santos como persoas vivas e reais, próximas enteiramente á súa realidade cotiá.


PINTURA: O século XVII é o chamado Século de Ouro da pintura española. Xorden algunhas das figuras máis sobranceiras da pintura mundial a pesar da limitación que supuña a carencia case total da pintura profana, especialmente da mitolóxica, xa que os clientes principais (corte e Igrexa) estarán cheos de relixiosidade. Só Velázquez gozará da liberdade temática. Na primeira metade do século as formas predominantes son as do naturalismo tenebrista, de clara influencia italiana. Na segunda metade, a difusión de modelos flamenco rubenianos, e o novo sentido, máis triunfal, opulento e colorista, que a Igrexa difunde, muda por completo o ton da pintura española que de realista e tenebrista pasa ao colorismo luminoso e ao optimismo teatral do pleno barroco.



2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Después de ver este magnífico post,puedo comprobar cuales son tus obras favoritas en cada campo(arquitectura,escultura y pintura),o no?
Aunque no me guste demasiado el barroco por su arquitectura y escultura(sobre todo por la escultura),he de reconocer que la pintura barroca me fascina.

Oki dijo...

Precioso. ¿Pode ser a segunda fas fotos dun Cristo Iacente de Gregorio Fernández? Non sei se será porque eu o vivín de sempre na miña cidade pero me parece case case insuperable.
Grazas