
A catedral Románica de Santiago, como edificio vivo, sufríu moitas modificacións ao longo dos seus oito séculos de historia. Tal vez a máis sobranceira foi a supresión do coro pétreo do Mestre Mateo.
O coro pétreo da catedral de Santiago realizouse durante a campaña construtiva dirixida polo Mestre Mateo cara ao ano 1200.
O coro pétreo da catedral de Santiago realizouse durante a campaña construtiva dirixida polo Mestre Mateo cara ao ano 1200.
O clero capitular acomodábase na sillería coral para a celebración das horas canónicas ocupando sempre o mesmo sitio, segundo a súa categoría. O bispo carecía de sitial ao non ter obrigación de asistir ao coro.

Grazas á Fundación Pedro Barrié de la Maza hoxe podemos contemplar unha reconstrución desta obra do Mestre Mateo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario