1/1/08

Las matemáticas del arte. Inspiración ma(r)temática


Vicente Melvilla. Las matemáticas del arte. Inspiración ma(r)temática. 2007

Na redacción dos novos currículos da ESO dáse moita importancia a facer visible a implicación das matemáticas nos múltiples aspectos da vida diaria; así na introdución di textualmente. “Múltiples manifestacións da arquitectura, escultura e pintura de diferentes épocas constitúen exemplos nos que se detecta a súa relación directa coas matemáticas”.
Este libro pode ser de grande axuda para afrontar este aspecto da competencia matemática, contén exemplos de obras nas que se atopa unha influencia matemática nalgunha fase da súa xestación ou desenvolvemento. Está dividido en nove capítulos, cada un enfocado nun aspecto concreto (números, polígonos, curvas, poliedros,...) e un apéndice dirixido aqueles lectores con máis inquietudes matemáticas, onde afonda nalgúns contidos.

No hay comentarios: