Ao longo dos séculos, filósofos e artistas foron proporcionando definicións do belo e grazas aos seus testemuños púidose reconstruír unha historia das ideas estéticas a través dos tempos. Non ocorreu o mesmo co feo, que case sempre se definiu por oposición ao belo e ao que case nunca se dedicaron estudos extensos, senón máis ben alusións parentéticas e marxinais. Por conseguinte, se a historia da beleza pode valerse dunha extensa serie de testemuños teóricos (dos que pode deducirse o gusto dunha época deternminada), a historia da feladad polo xeral deberá ir buscar os documentos nas representacións visuais ou verbais de cousas ou persoas consideradas en certo xeito “feas” (da introdución)
Tras a Historia de la belleza, publícase agora a Historia de la fealdad. En aparencia, beleza e fealdad son conceptos que se implican mutuamente, e polo xeral considérase que a fealdad é a antítese da beleza, ata o punto de que bastaría definir a primeira para saber que é a segunda. No entanto, as distintas manifestacións da fealdad a través dos séculos son máis ricas e imprevisibles do que comunmente se cre. Libro magnificamente documentado e ilustrado.
Co comentario sobre este libro inaugúrase a sección de Ensaio, tendo xa tres apartados os Recursos Bibliográficos.
1 comentario:
Si es cierto que hay diferencias en las personas,pues algunas son mas bonitas que otras...pero las restantes no pueden calificarse como "feas" por el simple hecho de no ser tan agraciadas.A mi manera de ver las cosas,todas las personas deberiamos estar contentos con nosotros mismos,pues todas somos hermosas de alma.
Publicar un comentario