23/11/07

Nova mesquita en Medina Azahara

Na edición do pasado 17 de novembro, o xornal El País, daba conta do achádego dunha mesquita na cidade de Medina Azahara. Dita mesquita, situada a 600 metros das dependencias califais obriga a reformular as dimensións que ata agora víñanse atribuíndo á urbe palacega.



Trátase dunha mesquita de barrio na que oraban os fies de a pe que vivían dentro de Medina Azahara e extramuros. O edificio ten unhas dimensións de 25 metros de longo e 18 de ancho. Atopouse o mirab, a zona máis sagrada do edificio, e o alminar, ou torre do templo desde a que se chamaba á oración.


Das crónicas escritas polo periodista Manuel Planelles e polo experto Manuel Pimentel pódese extraer a seguinte información:


É o xacemento medieval máis importante de Europa. Este pazo e cidade administrativa foi mandada construir por Abderramán III a oito quilómetros de Córdoba no século X. Causou admiración de todos os habitantes de Al-Andalus e de calquera visitante da Córdoba islámica.

Construida sobre niveis e terrazas, a súa traza constitúe un alarde tanto na súa estética como nas súas solucións técnicas constructivas e polo seu revolucionario concepto de arquitectura do poder.

A vida desta cidade-pazo foi breve, abandonouse no século XI e sufríu un expolio que durou séculos. Os materiais da cidade empregáronse para outros edificios de Córdoba e doutras urbes.

A Medina Azahara que hoxe contemplamos é froito de décadas de escavacións, consolidacións, reconstruccións e postas en valor, realizadas con distintos graos de acerto. Hoxe só podemos observar entre un 10 e un 30% do que en realidade foi.


No hay comentarios: