20/10/10

Dumbría: novo cemiterio

Sen chegar á contundencia formal da obra de Portela en Fisterra, paréceme interesante a propsta de Rosana Pichel que hoxe recolle A Voz de Galicia:
"Cada lápida ten unha cor distinta e os postes dos corredores centrais imitarán as árbores, con cubertas que se moverán ao vento de xeito independente

O cemiterio de Dumbría converterase no primeiro camposanto neoplasticista de Galicia. Este é o nome do estilo creado a principios do século pasado polo pintor holandés Piet Mondrian, soado polos seus cadros infestados de liñas cruzadas horizontais e verticais, con vivas cores en cada segmento. Así son os nichos dumbrieses: cada un dunha cor, rodeado por outros sempre de tonalidades distintas. As obras aínda non están acabadas, pero xa chaman tanto a atención que de cando en vez chegan visitantes para comprobar que o que ven é real.

A arquitecta é Rosana Pichel Pichel, a mesma que deseñou o próximo albergue de peregrinos, tamén de formas rechamantes, ou unha moderna área recreativa á beira do encoro de Fervenza con miradoiros de paxaros que, ademais das aves, chama cada fin de semana a decenas de curiosos, e tamén participou nun dos centros culturais deste municipio rural que está a apostar pola vangarda nas súas obras públicas.

«Algo de inspiración na obra de Piet si que houbo, pero non totalmente», recoñece a arquitecta, que ten o seu estudo en Poio (Pontevedra). Asegura que as cores son un elemento que distingue e diferenza á necrópole, pero non é a súa única característica rechamante: «O corredor central leva uns teitos con cubertas diferentes, cada unha coa súa inclinación e sustentadas nuns postes, para que parezan árbores. Cando faga vento moveranse un pouco, e cada unha ao seu ritmo», explica. Será como unha prolongación dos piñeirais, moi próximos ao cemiterio, e que rodean a parroquia. As ramas de policarbonato non serán tan multicolores, senón que optarán por un ton claro e translúcido".




Texto completo e fotografía vía A Voz de Galicia.

No hay comentarios: