24/9/10

A Acrópole de Atenas: descrición de Plutarco

A Acróple de Atenas

“…Os monumentos elevábanse cunha grandeza que impoñía, cunha beleza e unha gracia inimitables. Os artistas esforzábanse no reto de destacar pola perfección técnica do traballo, pero o máis admirable foi a rapidez da execución. Todas estas obras das que cada unha parecía necesitar de sucesivas xeracións para ser rematada, encontráronse totalmente acabadas durante o período de apoxeo dunha única carreira política.

Sen embargo, cóntase que Zeuxis, despois de escoltar un día o pintor Agatarcos, o cal fachendeaba de pintar rápido e facilmente todo tipo de figuras, replicoulle: “eu preciso moito tempo”. En efecto, a pericia e a rapidez de execución non confiren a unha obra solidez duradeira nin beleza perfecta; o tempo empregado no traballo dunha creación produce, ao igual que un capital colocado a intereses, o valor que asegura a conservación da obra, unha vez rematada. A admiración polos monumentos de Pericles medra, xa que foron feitos en pouco tempo e destinados, a unha longa duración. Cada un deles, a penas rematado, era tan bonito que xa tiña o carácter de antigo e tan perfecto que conservou ata a nosa época o frescor dunha obra recente; de tal maneira brilla sempre neles unha especie de flor de xuventude que ten preservado o seu aspecto do paso do tempo. Parece como se estas obras tivesen un sopro sempre vivo e unha alma inaccesible á vellez (…) Fideas presidíao todo e todo supervisábao para Pericles. Sen embargo, non faltaban nin grandes arquitectos nin grandes artistas para estes traballos. Calícrates e Ictinos construíron o Partenón, de cen pés (…) Os propileos da Acrópole foron rematados en cinco anos polo arquitecto Mnesicles. Un suceso admirables que ocorreu durante a súa construción demostrou que a deusa, lonxe de desinteresarse, colaboraba tamén na obra e axudaba a rematala. O máis activo e máis celoso dos obreiros esvarou e caeu do alto da construción. Estaba nun estado deplorable e os médicos desafiuzárano. Mentres Pericles de desalentaba, a deusa aparecéuselle en soños e prescribiulle un remedio que usou e co que curou rápida e facilmente o ferido. Dise que foi nesta ocasión cando erixiu a estatua de bronce de Atenea Hygia e a coloco una Acrópole, cerca do altar que xa se encontraba alí.
Fideas foi quen fixo a estatua de ouro da deusa, como o proba a inscrición do seu nome na estela. Supervisábao case todo e, como xa dixen, mandaba por riba de todos os artistas, a causa da amizade que lle profesaba Pericles…



Plutarco. Vidas paralelas.

No hay comentarios: