13/3/10

Visitando exposicións: A arte do poder no Prado



A Arte do poder é unha excepcional ocasión para poder contemplar xuntas por primeira vez unha parte moi representativa das obras do Museo do Prado e da colección de armaduras de Patrimonio Nacional. Trátase dun proxecto expositivo inédito no que se establece unha comparación directa entre os retratos de corte pintados polos grandes mestres, como Tiziano e Rubens, e as pezas de armadura que vestían os monarcas para simbolizar a súa imaxe de poder no momento de máximo esplendor da Coroa española. Trinta e cinco pinturas enfróntanse a vinte e sete pezas e conxuntos da Real Armería de Madrid -considerada, xunto coa imperial de Viena, a mellor colección do mundo-, para narrar a evolución e o impacto que tivo o retrato de corte entre os séculos XVI e XVIII. Cabe destacar a exhibición conxunta de Carlos V, A cabalo en Mühlberg de Tiziano xunto á impresionante armadura ecuestre do emperador, auténtica obra mestra realizada por Desiderius Helmschmid, un dos armeiros máis importantes do século XVI.


Partindo da mostra presentada na National Gallery of Art de Wáshington o pasado ano, a exposición A Arte do Poder preséntase no Museo do Prado cun proxecto máis completo que vira en torno ao verdadeiro significado das pezas de armería e a súa representación na pintura explorando expositivamente un tema inédito, tratado unicamente ata agora de forma accesoria nalgúns estudos relacionados coa historia do retrato.


Desde principios do século XVI ata finais do XVIII ningún elemento formaba parte tan relevante das características esenciais da imaxe do gobernante europeo como a armadura. Monarcas, emperadores, príncipes e nobres fixéronse retratar con ela conscientes da súa simbólica asociación ao poder. A arte do poder. A Real Armería e o retrato de corte incide precisamente no papel transcendente da Armería como colección de referencia no desenvolvemento do xénero do retrato armado para mostrar a fortuna da dinastía e o seu poder dominante en Europa.


A mostra recolle unha coidada selección de pezas forxadas polos armeiros máis relevantes do Renacemento como os irmáns Negroli, a familia Helmschmid ou Wolfgang Grosschedel, xunto a esculturas do taller de Leone e Pompeo Leoni, un tapiz procedente de Patrimonio Nacional, que inclúe un retrato armado de Carlos V, e obras dos máis importantes pintores do momento como Tiziano , Rubens e Velázquez, procedentes do Museo do Prado e outras institucións nacionais e internacionais, establecendo entre elas unha profunda relación na expresión da representación do poder e a ideoloxía dos monarcas españois.


Na páxina do museo poderedes contemplar unha presentación interactiva, os vídeos, as súas seccións, a relación de obras expostas, a ficha técnica así como o seu catálago.


Información e imaxes vía Museo del Prado.

4 comentarios:

Cesar dijo...

Acabo de llegar de estar en Roma una semana y me quede alucinado por todo. Gracias a lo que aprendí contigo, pude hacer de "guía" a mis amigos recordando cosas del año pasado.
Así que GRACIAS por haberme dado la asignatura más útil que he tenido en mi vida.

Un saludo!

César

Antonio Martínez dijo...

César: moitas grazas polo comentario.

Loly dijo...

Agora mesmo este "profe" está que non cabe en si de gozo... menos mal que a maratón xa pasou que se non...

Parabéns por este recoñecemento público, que estou segurísima é ben merecido.

Saúdos sen armadura!!

PACO HIDALGO dijo...

Creo que si, que es una exposición excepcional y, si no hay contratiempos, iremos en abril a visitarla. Gracias por describírnosla. Un abrazo.