20/8/08

O hórreo de Lira (Carnota), a igrexa e o pombal


Hai algúns meses INICIARTE vos presentou o hórreo e a igrexa de santa Comba de Carnota. Toca agora facer o mesmo en Lira.

Como xa saberedes Lira é unha parroquia do concello de Carnota e, como calquera bos veciños, ten varios elementos para compararse con Carnota. Especialmente os seus hórreos. Os de Carnota din que teñen un hórreo máis fermoso e ancho (34,74 metros de longo e 1,90 de ancho), namentres cos de Lira presumen do tamaño do seu (36,53 metros de longo e 1,60 de ancho) Máis os dous perden en lonxitude co de Araño en Rianxo (37 metros)

Ao igual co de Carnota, o hórreo de Lira forma parte do conxunto parroquial de Igrexa neoclásica do XVIII, na que destaca o seu campanario de 1760 aínda que remodelado en 1825, cemiterio e pombal. Ademais debemos destacar as fermosas vistas sobre a praia e o mar de Lira. Esta construcción popular foi realizada entre os anos 1779 e 1814.

Lembrade que a función primordial dun hórreo é a de servir como almacén do gran, ben da familia, ben da parroquia.



Fotos: Iniciarte

No hay comentarios: