7/7/08

Salvemos O Courel

Grazas ao blogue amigo Aulagalicia, veño de coñecer este vídeo que fai fincapé na ameza que está a padecer O Courel coa instalación de catro novas canteiras. O Courel é, para min, a zona máis fermosa de Galicia, chea de valores etnográficos, paisaxísticos e históricos (castro da Torre e do Vilar, Mina romana da Toca, castelo...)
Xa sabedes que INICARTE non é un blog dedicado ao Patrimonio... pero é que as veces as agresións son demasiado escandalosas.

No hay comentarios: