12/2/08

A antiga colexiata de santa María de Muros (A Coruña)

A fermosísima vila mariñeira de Muros está declarada Conxunto Histórico Artístico en 1970 e dentro da súa riqueza arquitectónica é de salientar a igrexa parroquial de san Pedro, coñecida ata mediados do século XIX como a colexiata de santa María.




Remataron as obras de edificación 1400 e foi designada colexiata desde unha bula de Alexandre VI asinada en 1504.

É estilo gótico mariñeiro realizada sobre restos románicos. A entrada, ubicada sobre unha pequena praza semicircular que conta no centro cun fermoso cruceiro, caracterízase polo potente pórtico, o rosetón e a fermosa torre barroca do século XVIII.

O interior é dunha soa nave de cinco tramos, de cuberta de madeira a dúas augas sobre arcos oxivais faixóns apoiados sobre feixes de columnas de chapiteis románicos, e un conxunto de seis capelas. Estas capelas contan con cubertas distintas xa que podemos apreciar bóvedas de crucería de nervios diagonais sobre columnas acodilladas nos ángulos, outras só sobre nervios e algunhas con bóveda estrelada. Nestas capelas é de salientar a presenza dunha imaxe barroca de Cristo. É moi doado poder apreciar signos gremiais nos muros.

A cabeira, de orixe románica e modificada posteriormente, ten bóveda de crucería con nervios diagonais sobre ménsulas



1 comentario:

saaritaa dijo...

Estoy segura de que si llego a hacer esta carrera no me arrepentiré nunca...5 años se me van a pasar volando!!