29/1/11

Sen comentarios (XXIV): Outro atentado ao patrimonio


Texto e fotografía vía A Voz de Galicia, onde poderedes ler a nova completa. Sen comentarios.

A un Pedro Mariño sáelle unha chepa de tres anadares.

Este ano cumpriranse 80 anos da súa morte, pero os edificios de Pedro Mariño, un dos históricos arquitectos municipais da Coruña, seguen evolucionando. En que sentido poderao xulgar o que pase estes días pla rúa Marqués de Amboage. No número 7 álzase un dos bloques que Mariño levantou no segundo ensanche coruñés e que agora está en pleno proceso de rehabilitación.

O proxecto de reforma aproveitouse para gañar espazo no edificio, cun engadido de tres plantas deseñado cun estilo notablemente diferente ao que imprimiu Pedro Mariño á estrutura orixinal do inmoble. Pero non é o único cambio no bloque, tomado por un nutrido grupo de operarios que están rehabilitando unha fachada histórica que nos últimos anos presentaba un aspecto de claro abandono, engalanada polos grafitis e coa pintura ennegrecida por falta de conservación. Agora loce unha capa cor beige moito máis vistosa, á vez que se repararon as fiestras, os balcóns e o resto dos elementos exteriores do inmoble.


2 comentarios:

Loly dijo...

Realmente, o único comentario que se pode facer ante tal despropósito è "sen comentarios". "País"que diría Forges...

olga dijo...

O arquitecto terá nome e apelidos ¿non? Digoo por sabelo, para non contratalo :-)
Miña avoa, cando tiña noticia dalgún daseaguisado evitabel dicía... ¡non aprendemos máis!
Pois iso.