25/12/09

Exhumados os restos de Caravaggio

Como xa saberedes un dos meus pintores preferidos é Caravaggio. Lede a seguinte noticia de Hoy es arte.

"Os restos do pintor renacentista (sic?) Caravaggio foron recuperados por científicos italianos coa esperanza de atopar unha maior información acerca das escuras circunstancias que rodearon a súa morte. O proxecto está dirixido polo profesor de antropoloxía Georgio Grupponi, quen tamén traballou na reconstrución da cara do poeta medieval Dante Alighieri, que foi mostrada ao público en 2007.

Os ósos foran aloxados nun osario na cidade de Porto Ercole, en Italia e posteriormente traslad
ados á Universidade de Bolonia, onde se compararon cos dos seus descendentes. A continuación, exhibiranse ata o 24 de xaneiro na galería Borghese de Roma, antes de volver ser enterrados, nun lugar que aínda non se comunicou.

Unha morte misteriosa
A causa da morte de Caravaggio foi sempre un misterio, a pesar de que nos últimos anos os expertos trataron de achegar diversas teorías, entre elas a posibilidade de que o pintor fose asasinado por razóns relixiosas, ou que falecese a consecuencia da malaria nunha praia deserta. Outros investigadores pensan que podería morrer de tifus nun hospital, en 1610.


Caravaggio foi un pioneiro na técnica da pintura barroca coñecida como o claroscuro, na que a luz e a sombra están moi contrastadas, pero foi a súa lenda dun estilo de vida salvaxe o que máis animou a imaxinación de moitos estudiosos e ata simplemente afeccionados.


De feito, foi famoso na súa época polas súas soadas pelexas por xogo, que a miúdo terminaron no cárcere, e ata se di que chegou a matar a un home. Crese que foi precisamente nunha viaxe a Roma para solicitar o indulto por esta morte cando o pintor faleceu. Nacido en 1571 ou 1573, dependendo dos textos históricos que se lean, Caravaggio pasou os últimos anos da súa vida fuxindo da xustiza polo sur de Italia
".

1 comentario:

Sarinsky dijo...

Este hombre fue un "cara dura", pero me encanta!!

P.D: a nadie le sienta bien que rechacen tus obras un par de veces, después de todo el empeño y esfuerzo.