A Fundación Caixagalicia presenta na Coruña:
“Man Ray: Despreocupado mais non indiferente”
Deste xeito no noso Paseo da Arte podemos admirar nestas semanas a Picasso, Gargallo e Man Ray, tres grandes creadores do século XX.
Man Ray (Filadenfia, 1890-París, 1976) fundou o movemento dadaísta neiorquino xunto a Picabia e Duchamp. A exposición que podemos contemplar proporciona ao público unha ampla perspectiva da obra deste creador, así como un coñecemento máis polo miudo
da súa vida, do seu pensamento e do seu proceso creativo.
“Despreocupado, mais non indiferente” segue os catro períodos da obra de Man Ray: New York, París, Los Angeles e, de novo, París presentando numerosas obras de cada etapa.
“Despreocupado, mais non indiferente” segue os catro períodos da obra de Man Ray: New York, París, Los Angeles e, de novo, París presentando numerosas obras de cada etapa.
4 comentarios:
Sen dúbida, a arte de Man Ray non deixará a ninguén indiferente. A grandísima variedade de estilos que compoñen a súa colección e a temática das obras fan que debas ter os sentidos sempre alerta para non levar unha sorpresa, e aínda así, lévala.
Pódese estar vendo unha serie de fotos retrato do máis inocente, dar dous pasos, e visualizar outras fotos dignas de levar dous rombos na esquina superior dereita.
A exposición exténdese por varios pisos (unha boa excusa para utilizar o moderno ascensor do edificio), o que significa que non é breve, e que, se se quere disfrutar completamente, necesitarase un bo anaco de tempo.
É un artista que utiliza elementos que poidan sorprender nos seus traballos.
Na exposición podese ver a evolución de Man Ray,xa que aparecen tanto bocetos como obras acabadas.
Aprecianse dende fotografías,algunhas das cales son peculiares,obxectos,debuxos,obras gráficas,e moito máis.
Nas súas obras vese a súa creatividade e orixinalidade.
A exposición sen ningunha dúbida é doada de ver,se se ten un pouco de tempo e se pasa por alí,e unha boa ocasión para vela.
La exposición de Man Ray es muy variada,a parte de que se encuentran sus obras en diversas salas,lo que hace diferenciar sus distintas composiciones,ya que se pueden encontrar cuadros con numerosos significados,esculturas(como la de 2 manos hechas de bronce)o también fotografias de varios individuos.Sin duda lo que mas me llamó la atención de todas sus obras fue el cuadro llamado "puerta giratoria"combinada con una gama muy variada de colores.
Publicar un comentario