28/1/09

O Bosco: O Tríptico das Delicias (II)

Nesta táboa central observamos espidos humanos de ambos sexos, brancos e negros, que se abandonan aos praceres carnais dun xeito natural ou “perverso” (que é a forma máis natural do pracer carnal). Todas as figuras humanas están espidas agás a parella do ángulo inferior dereito que normalmente é identificada como Adán e Eva despois da súa expulsión do Paraíso. Tanto os animais como as plantas son presentadas nun tamaño superior ao real. No centro e no plano medio, a cabalgata sobre asnos, cabalos, panteras, unicornios, touros, leóns, etc, dos luxuriosos ao redor da fonte do adulterio, aludindo a relatos medievais, franqueada polas colinas-torres de excrementos mineralo-vexetais que, suxeridas pola alquimia, simbolizan, ao igual que os recipientes de cristal do primeiro termo, o elemento feminino. Esta cabalgata da voltas ao redor dun grupo de mulleres espidas. Neste de mundo de pecado predomina a luxuria. No plano superior obsérvanse cinco fantásticas construcións sobre a auga, sendo a central semellante á fonte dos catro ríos da táboa do Paraíso pero estando rachada. Deste xeito, alúdese á fraxilidade, ao carácter efémero das delicias que gozan os homes e as mulleres deste xardín.




Bibliografía: El Bosco. Maestros de la pintura. Noguer-Rizzoli, 1973
Ficha:
Museo de El Prado
Esta obra na
Enciclopedia del Museo del Prado.

No hay comentarios: