29/1/09

O Bosco: O Tríptico das Delicias (e III)

No Inferno, a zanfona, a cornamusa e a cítara destínanse á tortura dos condeados: son símbolos sexuais, xunto a outros, moi evidentes, de diversa procedencia, escollidos con pérfida ironía entre os instrumentos que producen os sons máis suaves pero que aquí, paradoxalmente, son os executores do castigo. Neste panel dereito, neste inferno musical destaca o home-árbore do centro, que é asociado co demo, tanto pola súa pálida cor sobre fondo escuro, como polo gran tamaño. Neste inferno reciben castigo todos os pecados capitais. Así alúdese á gula no monstro sentado no primeiro plano que devora homes mentres expulsa outro polo ano. Tamén alude á gula a escena do interior do home-árbore onde os personaxes espidos sentados á mesa agardan a que os demos lles sirvan sapos e outros inmundos animais, ao igual que se destina aos envexosos o suplicio da auga xeada. Tamén o xogo é castigado ou o clero cando un porco con touca de monxa abraza a un home espido.




Bibliografía: El Bosco. Maestros de la pintura. Noguer-Rizzoli, 1973
Ficha:
Museo de El Prado
Esta obra na
Enciclopedia del Museo del Prado.

2 comentarios:

clariana dijo...

Son muy imaginativas estas pinturas del Bosco, cuánto dibujo... El tratamiento de la luz en El infierno es tremendo. Los pecados capitales, y el de la gula, pensando en el hambre que hay en el mundo, es tremendo también.Saludos

Antonio Martínez dijo...

Creo que casi todos lo que nos acercamos a la historia del arte lo hacemos tratando de desentrañar los cuadros de este pintor.