21/6/11

Arte e literatura: Los silencios del mármol

Giuseppe San Martino. Cristo velado

Juan Adriansens. Los silencios del mármol. Madrid, Santillana, 2010., pp. 107-109.

Texto sobre o Cristo velado da capela San Severo, Nápoles.

“Y Mauro casi pierde, de nuevo, el equilibrio, al contemplar una sobrecogedora efigie yacente: la de un Cristo muerto cubierto por un sudario, y que, abandonado sobre un colchón de piedra, exhibía, patético casi en demasía, un cuerpo derrotado por el sufrimiento, y que, aprisionado allí en el mármol más perfecto e impoluto que se pudo hallar, convertía en dolorosa eternidad la siempre exhausta e insondable experiencia de la muerte.

(…) -¿Pero… pero qué cosa tan maravillosa! –logró por fin esclamar Mauro-. ¡Sí, maravillosa y emocionante!- Y el joven español repitió la palabra “maravillosa” …

(…) Por fin, tras aquella contemplación que realizara a cierta distancia(…) Mauro se atrevió a situarse junto a la figura yacente, para así admirar mejor los pormenores de aquel velo o sudario que, fingiendo estar humedecido por los diversos ungüentos que solían verterse sobre los miembros de los fallecidos, se adhería, con pasmoso realismo, al rostro, al tronco y a las extremidades de la figura, subrayando cada uno de los detalles anatómicos de aquel exangüe y martirizado cuerpo. Los innumerables pliegues de la tela producían una ilusión de tan desconcertante veracidad, que Mauro llegó a experimentar, durante unos segundos, la urgencia de levantar el amplio velo, para mejor contemplar aquella figura que se entregaba, sin rebeldía aparente, al hambriento abrazo de la muerte…”

Máis información e ilustracións desta capela en ConSentidos Comunes.

13/6/11

PAU Xuño 2011

1.- Escolle dúas destas tres láminas (4 puntos por cada unha) e analiza cada unha das obras escollidas empregando o seguinte esquema
A. Clasificación, sinalando, se procede, cul
tura/estilo/movemento, cronoloxía, título e autor (ata un punto)
B . Análise do seu contexto histórico-artístico (ata un punto)
C. Xustificación da clasificación e comentar
io da obra seguindo os enfoques metodolóxicos da historia da arte (ata 2 puntos)


2.- Destas oito definicións elixe só catro e contéstaas (ata 0,5 por cada unha)
-Ciborio. Natureza morta ou bodegón. Parteluz. Veladura. Trompa. Metopa. Ménsula. Presbiterio.

12/6/11

A Coruña en 4.000 fotos

Podedes ver este magnífico vídeo na seguinte ligazón.

9/6/11

Esculturas en Chicago (VI): Calder



Encargada pola administración norteamericana (General Service Administration) en 1972, o Flamengo é unha obra de Alexander Calder, recoñecido escultor norteamericano polas súas peza móbiles. Está situada na praza do edificio Federal (O Kluczynski Building é moderno rañaceos do centro de Chicago situado na rúa Dearborn 230 Sur, deseñado por Mies van der Rohe con 45 andares e rematado en 1974) e leva a data de 1973 aínda que foi rematada ao ano seguinte.

Ten un peso de 50 toneladas é de aceiro vermello. É una peza non móbil, o cal era toda unha novidade en Calder. As
súas formas curvas rachan coa pureza de liña rectas do edificio de Mies. A obra foi dada a coñecer polo seu autor o 25 de outubro de 1974, día que se proclamou como “Día de Alexander Calder”.

É unha gran peza pola que os seus visitantes poder camiñar por baixo dela. A forma desta obra alude ao flamengo. É toda unha obra moi potente, visualmente moi atractiva que fai un contrapunto f
ronte ao seu contorna arquitectónica. Unha maqueta está instalada no Art Institure de Chicago.


6/6/11

Esculturas en Chicago (V): Moore




Tras visitar a Robie House, achegámonos ata o Campus da Universidade de Chicago para contemplar unha obra de Henry Moore (hai varias nesta cidade, e teño fotos con todas, já, já), Enerxía Nuclear. Con esta escultura pretendíase conmemorar o 25 aniversario da primeira reacción nuclear en cadea e controlada, que fora realizada por un grupo de físicos encabezados por Enrico Fermi.


A obra foi colocada sobre o lugar onde se fixera o experimento.


Podería pensarse que esta escultura, realizada en bronce, representa unha nube de fundo coroada por un cranio humano, mais o Moore, parece ser que lle dixera a un amigo o seguinte: “agardo que os espectadores camiñen ao redor da estatua observando os espazo abertos e que tiveran a sensación de estar nunha catedral” .




Fotos: INICIARTE

4/6/11

Visitando exposicións: "Polonia. Tesouros e coleccións artísticas"


Óleo sobre táboa. Ca. 1490

O pasado sábado, acompañado por todo unha experta en familias reais europeas, visitei a exposición “Polonia. Tesouros e coleccións artísticas” no Palacio Real de Madrid.

É a primeira vez que se presenta en España unha exposición dedicada ao patrimonio polaco. Pódense contemplar a evolución artística no medievo e na época moderna con pinturas, esculturas e obxectos das artes decorativas. Tamén resúmese a aportación polaca á evolución das ciencias, con especial alusión a Copérnico. Chamoume especialmente a atención a importancia concedida aos rituais funerarios, destacando os retratos fúnebres.

As pezas estrelas da exposición son, sen dúbida, A Nena nun marco de Rembrandt (peza onde a protagonista semella querer saír da obra) e a Dama do armiño de Leonardo da Vinci. É a primeira ocasión que se pode contemplar esta obra do mestre italiano en España. Representa a Cecilia Gallerani, quen fora amante de Ludovico o Moro, duque de Milán, que tería uns dezasete anos e que co animal podería agochar un posible embarazo.


2/6/11

Esculturas en Chicago (IV): Dubuffet





Inaugurada o 28 de novembro de 1984, o “Monumento permanente con Bestia” do francés Jean Dubuffet, está situada fronte ao James R. Thompson Center (centro comercial onde todo un lateral e a cuberta son transparentesl). Polo sur ten o City Hall polo que fai un poderoso contraste entre a escultura máis actual e a arquitectura que se inspira no pasado. É unha de dez toneladas, con case nove metros de altura e foi elaborada en fibra de vidro.


Nesta obra combínanse o grafite, a caricatura e a linguaxe da rúa, mesturándose un pé, unha árbore, un portal e unha forma arquitectónica. Esta foi unha das dezanove obras que financiou o Estado de Illinois nun programa de arte. Na segunda fotografía pódese apreciar o que probablemente sexa o rañaceos máis feo de todo Chicago entre os construidos nos últimos anos; o deseñador... Ricardo Bofill.














Fotografías: INICIARTE