26/10/10

Proxecto Terra: Premio Nacional de Urbanismo

Con moitísima ledicia recibo a boa nova da concesión do Premio Nacional de Urbanismo ao Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia polo Proxecto Terra. A ledicia é moita e por moitos motivos: porque me parece que o Proxecto Terra son unha idea é un traballo magníficos; porque ás persoas responsables do mesmo (Xosé Manuel Rosales, especialmente, e Antonio Otero) son exemplos de traballo e compromiso profesional e ético co seu país; porque me permitiu, como docente, compartir inquedanzas cun grupo amplo, diverso e fantástico de persoas interesadas pola arquitectura, o respeto polo patrimonio e a inquedanza pola ocupación racional e sostible do territorio.




Nota de Prensa de La Moncloa:

"(…) obtivo o Premio Nacional de Urbanismo o Proxecto Terra, un proxecto educativo posto en marcha polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en 2000 para achegar a arquitectura, o urbanismo e o desenvolvemento territorial galego aos máis pequenos.

O proxecto consiste en desenvolver e pór a disposición de profesores e alumnos materiais didácticos sobre estas materias adaptados aos distintos niveis do Ensino Obrigatorio (Infantil, Primeira e Secundaria). Este material en forma de libros de texto, cadernos de exercicios, audiovisuais e cómics compleméntase con actividades: desde visitas guiadas ás capitais galegas para coñecer in situ o aprendido en clase, ata intercambios territoriais para que tomen conciencia do territorio construído en Galicia baixo distintas formas (parroquia, aldea, pobo, cidade e área metropolitana) e como foi a súa evolución no tempo.

Neste caso, o xurado valorou que desde un colectivo profesional vinculado á arquitectura e o urbanismo, fágase uso da educación obrigatoria como "un recurso imprescindible para o cambio cara a un modelo de desenvolvemento sostible do territorio e da arquitectura".

En Proxecto Terra colaboran diferentes institucións galegas, a Xunta de Galicia, Televisión Española e a ONCE."

Nota da Axencia EFE publicada polo ABC.

Entrevista con Celestino García, decano do COAG, sobre o Premio en Xornal.

3 comentarios:

alfonso dijo...

Una inmensa alegría por el premio a un gran trabajo, realizado con el cariño y calidad que os caracteriza. Espero que os sirva este reconocimiento como respaldo a vuestra línea de trabajo, que os anime a continuar y así podamos seguir aprendiendo de vosotros.
Mi mas cordial enhorabuena Toño.

Antonio Martínez dijo...

Grazas Alfonso. O recoñecemento é para X.M. Rosales e Antonio Otero, moitos outros tivemos unha colaoración mínima.

calamanda dijo...

Hola Antonio...muchas gracias a ti
y felicidades por el trabajo, para
mí siempre es un placer pasar por
aquí.

Un abrazo.