Bibliografía: Félix Carbó Alonso. El Pórtico de la Gloria. Misterio y Sentido. Madrid, Ediciones Encuentro-Caixanova, 2009
24/12/10
O Pórtico da Gloria (V): os cronistas
Bibliografía: Félix Carbó Alonso. El Pórtico de la Gloria. Misterio y Sentido. Madrid, Ediciones Encuentro-Caixanova, 2009
22/12/10
O Pórtico da Gloria (IV): os escudeiros
Os oitos anxos-escudeiros atópanse na fila inferior do tímpano do Pórtico. Catro deles miran ao espectador. Desde a esquerda, o primeiro está axeonllado, sontén entre as súas mans a columna dos azotes. Despois outros dous anxos, mirando á fronte, aguantan da cruz. Un cuarto anxo porta a coroa de espiñas mirando con dor o espectador.
Á dereita do tímpano, e despois de san Marcos, un anxo leva os catro cravos na súa man dereita e na esquerda a lanza. O segundo porta un pergameo e as xarra, en alusión á condena a norte e ao acto de Pilatos de lavarse ás mans. Estes dous anxos miran ao fiel. O terceiro anxo leva coas dúas mans o martelo e o azote, cruzándoos sobre o seu peito. O cuarto anxo sostén coa man esquerda a cana que, coa esponxa, serviu para aliviar a sede do moribundo e coa man dereita leva un pergameo que probablemente tería escrito INRI.
Chama a atención como os anxos que portan os instrumentos do martirio levan as mans cubertas por un velo cando os suxeitan polas partes que estiveran en contacto directo co corpo de Cristo: coroa de espiñas, cruz e cravos. As mans dos anxos que levan a columna, a lanza, a cana coa esponxa non están cubertas con ningún pano.
Bibliografía: Félix Carbó Alonso. El Pórtico de la Gloria. Misterio y Sentido. Madrid, Ediciones Encuentro-Caixanova, 2009
20/12/10
O Pórtico da Gloria (III): O Cristo do tímpano
CRISTO TODOPODEROSO
Cristo Pantocrátor como composición naceu en Bizancio e foi moi asumida pola arte románica. Esta representación de Xesús fica moi clara coa lectura de san Mateo (Mt. 25, 31-45): “E cando viniere o Fillo do Home na súa gloria, e todos os anxos con el, entón sentarase no trono da súa gloria e serán congregadas na súa presenza todas as xentes, e as separará unas doutras”. Por iso, a imaxe de Cristo Pantocrátor adoita estar acompañada da iconografía do Xuízo Final, en tempos posteriores ao Pórtico, ata o Gótico. Mais o Mestre Mateo fai unha composición nova ao rodear ao Pantocrátor do seu pobo.
CRISTO VENCEDOR DA MORTE
Xesús está representado, vivo, resucitado despois da súa paixón, vencedor da morte: amosa a ferida da lanza no seu costado (os anxos que o rodean portan os instrumentos da paixón) e as chagas nas súas mans. Esta composición xa afora vista no tímpano da abadía de saint Pierre de Moissac. Como lembra santo Tomás “As chagas amosan a forza porque testemuñan que trunfou á norte”. Completa esta escena, en clara alusión ao Apocalipse, unha fonte de auga que nace da dereita do trono, á altura do brazo da cadeira, por riba do ombro de san Lucas (Ap. 20,6): “Ao sedente, Eu dareille de beber graciosamente da fonte da auga da vida”, e (Ap. 22,1): “Amosoume un río de auga viva, claro coma un cristal, que manaba do salio de Deus e do Año”.
O Mestre Mateo representa a Cristo como sacerdote cos brazos levantados, coas palmas dirixidas ao observador. Dous anxos, un á dereita e outro á esquerda, balancean os seus incensarios esféricos dotados dunha pequena base, rendendo homenaxe ao Señor. Salientable o realismo de detallas dos incensarios.
CRISTO REI
Cristo está coroado como rei, no lugar central, rodeado pola corte. Ata sería posible relaciónalo cos lazos entre o Mestre Mateo con Fernando II, promotor e comitente da obra. Esta representación de Cristo coroa é moi pouco frecuente nas imaxes de Cristo Pantocrátor (Moissac e algunha máis)
No Pórtico, a coroa de Cristo está acompañada polos ricos roupaxes da súa vestimenta, adornados con flores de lis. A barba e o cabelo están moi coidados, a primeira é simétrica e o segundo moi longo. Detrás ten un dosel á altura da cabeza e un halo cunha cruz moi pouco visible.
Tamén aluden a Cristo como rei a presenza dos reis David e Salomón colocados no fuste do parteluz e nos accesos ao Pórtico. Nos dous casos David fai tocar o salterio e Salomón empuña o cetro. Esta última figura está moi deteriorada posto que recibiu un raio (sinal divina?)
Fotos e texto (adaptado) procedentes de: Félix Carbó Alonso. El Pórtico de la Gloria. Misterio y Sentido. Madrid, Ediciones Encuentro-Caixanova, 2009
19/12/10
Pórtico da Gloria: continúan as obras

O programa de estudo permitiu identificar ata tres policromías sucesivas. Os investigadores contrastaron que da primeira decoración medieval quedan moi poucos restos e que os autores dese traballo empregaban unha gama reducida de terras coloreadas. En negro perfilaban o contorno dos relevos e trazos faciais, e utilizaban cores de aspecto opaco realizados cunha técnica mixta, un amorne graso a base de aceite secante e proteínas: branco albayalde, vermello bermellón, azul lapislázuli.
O comité científico recomenda monitorizar o pórtico un ano máis e ampliar o estudo do seu policromía. Os restos da primeira policromía áchanse, sobre todo, na columna dos profetas do Antigo Testamento, especialmente nas figuras de Daniel e de Xeremías, así como en san Juan e nalgúns instrumentos.
17/12/10
O Pórtico da Gloria (II): As interpretacións
López Ferreiro entende que se representa a simboloxía das tres igrexas: a católica (arco central), o pobo de Israel (arco da esquerda) e e a igrexa dos Infieis (arco da dereita).
A maior parte dos historiadores franceses interpretan o Pórtico como a Fin dos Tempos e o xuízo final.
A interpretación actual maioritaria entende o Pórtico do seguinte xeito: O Reino de Cristo está reflectido no tímpano do arco central, no arco da esquerda represéntase o Limbo e no arco da dereita estaría o Purgatorio. Desde que en 1998 se fixera unha exposición para conmemorar o VIII centenario da colocación dos linteis do Pórtico, as interpretacións enténdeno como unha plasmación do Apocalipse de san Xoán, teimando na idea da fin dos tempos. Tamén hai historiadores que insisten en estudar o Pórtico como unha parte da obra do Mestre Mateo na catedral, tanto nos cimentos, no corredor do piso superior ao Pórtico.
Para Carbó o Pórtico da Gloria trata da Gloria de Cristo. Hai varias formas de ler o pórtico para algúns (Bernardo Fernández no século XIX) faríase de abaixo arriba mais para outros (a maioría dos especialistas do século XX) faríase a partir do tímpano central, logo os arcos laterais e iríase descendendo. Este autor propón facer unha lectura, nun primeiro lugar, por eixos: verticais e horizontais.

“O Mestre Mateo recolle a historia relixiosa do home, desde a orixe da humanidade ata a chegada de Cristo e a sitúa no lateral esquerdo, do muro do Parteluz, é dicir, todo o conxunto do arco central esquerdo e ata a metade do tímpano. Coloca as relixións antigas no primeiro piar da esquerda, e as representa nas bases dos grifos. Nese espazo antes de Cristo, o Mestre Mateo nos amosa o tempo da espera de Cristo e a figura dun Deus mozo nos primeiros días da Creación.
Á dereita do Parteluz e ata o muro dereito da catedral, relátase a situación do home despois da Nova Alianza. Nela Cristo, revestido da autoridade do Pai, fai valer o poder salvador da Nova Alianza para coa humanidade. Nese espazo, o Mestre Mateo vainos demostrar como despois da chegada de Cristo hai para o home unha vía única de acceso cara o Misterio. Cristo ten todo o poder do Pai e intercede polo home, quen, a pesares do pecado que o pode atenazar, ascende ao Misterio. O Mestre Mateo non deixa espazo a ningunha outra alternativa, nin a nova relixión".
“No tímpano sitúanse as figuras do coro de Anciáns e os dous grupos de pobos. O pobo da Antiga Alianza (o pobo xudeu) está á esquerda e o da Nova Alianza (os pobos procedentes da xentilidade) á dereita .
Para resaltar aínda máis a división do tempo estre un antes e un despois de Cristo, o Mestre Mateo sérvese do fuste do Parteluz. No seu vertical sitúase a bisectriz da historia, e como tal relata a encarnación de Cristo. De abaixo arriba descríbese a xenealoxía do Fillo do home, que se inicia no mesmo Adán (a figura humana da base) e chega ata María, a súa nai, situada na parte superior do fuste. No capitel do Parteluz, por riba de María, o artista amósanos a filiación diviña de Cristo, representándoo coma un rapaz sentado no colo do seu Pai Deus. O presenta como un neno, mais xa cos atributos de poder sobre todas as cousas: como Pantocrátor bendice coa man dereita e sostén un libro coa súa esquerda”
EIXOS HORIZONTAIS
Dívide o Pórtico en catro espazos horizontais que corresponde (1) ás basas: microcosmos, o home e a súa situación. (2)As columnas que amosan os camiños dos homes nos desexos de subida ao Misterio, con as súas dificultades, logros e fracasos. (3)Os profetas e os apóstolos que anuncia a mensaxe de Cristo. (4) Macrocosmos: é a Vida despois da vida, con catro espazos específicos: os tres arcos e os espazos formados entre o tímpano e os arcos laterais.
Fotografías e texto (adaptado) de Félix Carbó Alonso. El Pórtico de la Gloria. Misterio y Sentido. Madrid, Ediciones Encuentro-Caixanova, 2009.
15/12/10
O Pórtico da Gloria (I): Introdución

No século XVII fixéronse unhas novas escaleiras de acceso, destruíndo a fachada da cripta da planta baixa. Pero a gran modificación exterior veu dada coa decisión do cabido de 1738 de levantar unha nova fachada na catedral, obra encargada a Fernando de Casas Novoa. Con esta última gran modificación, acadaríase o resultado que hoxe podemos contemplar e onde podemos ver algunhas das imaxes do exterior orixinal do pórtico como como o rei David e o rei Salomón, situadas na terraza principal da fachada. Outras dúas figuras, Abraham e Jacob, están no museo de Pontevedra e outras dúas foran un “agasallo” para o ditador Franco.
O texto, adaptado, proceden de Félix Carbó Alonso. El Pórtico de la Gloria. Misterio y Sentido. Madrid, Ediciones Encuentro-Caixanova, 2009.
28/3/10
Pórtico da Gloria: os problemas veñen do campanario
ndo entre os sillares, tribuna abaixo, ata alcanzar o conxunto escultórico do mestre Mateo. Quizais por fallos nos cimentos ou polo propio asentamento dos materiais construtivos da catedral de Santiago, o campanario (segundo mírase, das dúas torres xemelgas da fachada do Obradoiro, a da dereita) moveuse. O esborralle do primeiro corpo da torre pódese apreciar desde a escalinata que separa San Xerome do pazo de Raxoi, e este desprazamento anormal abriu ocos polos que a auga penetra e empapa a pedra.O equipo contratado pola Fundación Barrié da Maza que investiga actualmente o Pórtico para a súa restauración debuxou, sobre planos, as zonas máis prexudicadas pola humidade. Basta con fixarse no aspecto exterior para percibir que a auga danou, sobre todo, a metade dereita do Pórtico, a que coincide coa torre das campás. Coa auga, os sales solubles que forman parte da composición da pedra afloran. Entón rompe a capa de policromía ("moitísimas capas", no caso de mans e caras, de tanta reparación en 800 anos) e altéranse os pigmentos, que tornan de cor e natureza nalgunhas partes e cóbrense de algas noutras zonas.
Ademais, a grosa capa de po, coa humidade, compactouse", e esta envoltura de sucidade tan adherida é capaz, de seu, de atraer máis humidade e seguir ferindo o que xa estaba ferido. As manchas verdes e negras, o dano maior, son patentes na metade do tímpano, a partir do Pantocrátor; no arco da dereita, o que representa o Inferno; e nas pilastras que o sosteñen.
Ademais, segundo explica Concha Cirujano, restauradora do Instituto de Patrimonio Cultural de España (Ministerio de Cultura) e directora técnica dos traballos que se realizan na Catedral, só queda morteiro orixinal en dous puntos do conxunto escultórico. No seu lugar, o cemento que se aplicou con profusión en diferentes momentos da historia empeorou o problema das filtracións. A auga busca os materiais porosos, evita abrirse paso polo cemento e termina acumulándose aínda máis na pedra. Tamén se comprobou que as figuras están máis secas se non foron aseguradas ao tímpano con cemento. O taller de Mateo concibiunas de maneira que correse o aire polas súas costas. Segundo o sistema construtivo orixinal, apóianse e encaixan no arquitrabe, e levan tamén unha grosa grapa de ferro que as suxeita, pero en intervencións posteriores introduciuse cemento en bastantes ocos.
Ademais de consolidar a pintura, cando chegue a fase de restauración propiamente dita, o obxectivo do equipo de expertos que traballan desde a primavera do ano pasado no Pórtico será restituír os morteiros antigos e taponar as vías de acceso da humidade. A partir de entón, comezará un período de lento secado que ata se podería prolongar unha década.
O esborralle da torre é moi antigo e intentouse frear tabicándola no seu interior, e ata enchéndoa de cascallos para darlle máis solidez. Pero entre as causas da deterioración do Pórtico tamén hai que ter en conta o sol que penetra pola cristaleira da fachada do século XVIII, e ata o cambio do pavimento orixinal por formigón que tivo lugar a mediados do XX. En xuño concluirá a fase de monitorización ambiental (logo dun ano completo) e en setembro, a estrutural (tamén dun ano) que mide con fisurómetros e inclinómetros se o edificio segue desprazándose hoxe.
Aínda que a Xunta afirma agora que a recuperación do Pórtico concluirá en 2012 (ao principio, as previsións máis halagüeñas dicían que en 2010, e ata esta semana falábase de 2011), os responsables contratados pola Barrié prefiren non comprometerse con ningunha data.
Texto completo da notica e foto vía El País.
24/7/08
A Restauración do Pórtico da Gloria (III)

15/6/08
O Pórtico da Gloria: a súa restauración (II)
Vía: La Voz de Galicia.
13/6/08
O Pórtico da Gloria: a súa restauración
Os traballos previos á instalación da estada incluíron xa un escaneado completo de alta resolución, realizado por unha empresa galega especializada en tecnoloxía láser e topografía de alta definición, que servirán para contar cun modelo dixital que axude noutros estudos a realizar sobre o monumento e a crear desenvolvementos multimedia sobre o proxecto de restauración. 9/1/08
O Mestre Mateo e a Catedral de Santiago

O Mestre Mateo traballa en Compostela desde 1168. O tímpano do pórtico foi colocado en 1188. A súa obra manifesta unha formación en múltiples fontes que sinalan ao mestre como unha personalidade única no ambiente hispano do seu tempo. O Mestre Mateo coñece a arte que se está a facer na España septentrional, cristiá e románica, e na meridional, islámica. Tamén coñece Mateo outras fórmulas empregadas na Europa Occidental, sobre todo Italia e Francia. A súa formación de artista é, pois, dunha amplitude case incomprensible.
A súa obra pode caracterizarse polo naturalismo das esculturas do Pórtico, a creación dun canon de beleza, a idealización, a expresión clara de ideas, o interese polo vulto redondo, suaviza o modelado das cabezas na busca da serenidade, brandura nos panos, relevo pouco profundo, finura das guedellas, proxección dos pregues cara aos lados, emprego dun característico escote de embude co seu fronte plano. Tratamento individualizado das figuras, expresividade facial, dinamismo, indicios de movemento, perda da frontalidade e da rixidez románica, coherencia grupal.Son características que achegan ao Mestre Mateo ao mundo gótico.
O Mestre Mateo dirixirá a fachada e o pórtico occidental da catedral, o coro, o claustro e rematará as naves do edificio.
Fronte á concepción medieval do artista como un artesán, o Mestre Mateo acadou notoria importancia en vida, como revela un documento no que Fernando II comprométese a que “como pensión, concédoche a ti, mestre Mateo, que posúes a primacía e o maxisterio da obra do citado apóstolo (Santiago), cada ano a percepción de dous marcos á semana, sobre a miña metade de moeda de Santiago,... de xeito que esta percepción te represente cen morabetíns anuais. Esta pensión... doucha durante toda a túa vida”. Trátase dunha pensión excepcional para un artista excepcional.
8/1/08
O coreo pétreo do Mestre Mateo na Catedral de Santiago

O coro pétreo da catedral de Santiago realizouse durante a campaña construtiva dirixida polo Mestre Mateo cara ao ano 1200.
O clero capitular acomodábase na sillería coral para a celebración das horas canónicas ocupando sempre o mesmo sitio, segundo a súa categoría. O bispo carecía de sitial ao non ter obrigación de asistir ao coro.
Esta singular sillería coral utilizouse ata que, sendo arcebispo de Santiago Juan Sanclemente, decídese o seu derrubo. O 20 de xullo de 1599 o Cabildo acordou suprimir a porta da cabeceira para colocar no seu lugar a cadeira arzobispal e efectuar outras modificacións para adecuar o coro ás disposicións do concilio de Trento. Tales reformas conduciron, finalmente, a derrubar o coro medieval a finais de 1603 e principios de 1604, substituíndoo por outro de madeira. Castellá Ferrer, testemuña da súa destrución, escribiu: "se ha desecho el mas lindo Coro antiguo que avía en España". Grazas á Fundación Pedro Barrié de la Maza hoxe podemos contemplar unha reconstrución desta obra do Mestre Mateo.

