Dentro dos abundantes restos arqueolóxicos que amosan a presenza da civilización romana en Tunicia, destaca o anfiteatro de El Djem (ás veces El Jem) Sen dúbida a presenza dun gran anfiteatro en medio do deserto tunecino é asombroso.
No século II e na poboaciónde Thisdrus (cidade de orixe fenicia), de preto de corenta mil habitantes, comezouse a construír esta edificación grazas á riqueza proporcionada polas oliveiras. A abundancia de vilas patricias amosa a riqueza da zona.
Dise que este anfiteatro chegou a ser o sexto máis grande do imperio (outras fontes afirman que era/é o cuarto)posto que medía máis de mil metros de longo, 122 de ancho, 36 de alto e unha area de 65 x 39 metros. O que si é certo é que estamos ante o maior anfiteatro de Africa. Foi mandado levantar polo procónsul Gordiano no 238.
Din que ata o século XVII o seu estado de conservación era magnífico cousa que podemos imaxinar xa que agora está en mellor estado que o propio Coliseo de Roma, de feito ao conservar moi aceptablemente parte da fachada exterior, as bancadas, os sotos ou fosos e o sistema de canalización e recollida de augas. Curiosamente non conta cun pódium para separar aos espectadores da area. O acceso ás bancadas bacía a través de grandes arquearías sobre as que había inscricións (león, muller…) que aludían aos distintos barrios da cidade e desde as que se podía subir a cada un dos tres andares cos que contaba o anfiteatro. Está elaborado con pedra arenisca de Mahdia que parece ser que é unha pedra moi resistente pero doada de traballar.
A pesar de que algunhas guías turísticas falan dos espectáculos que se celebraron parece ser que en realidade nunca foi rematado, sendo empregado mais ben como refuxio ou canteira para os habitantes da cidade. O que si sabemos certamente foi que Ridley Scott utilizouno para gravar algunhas escenas de Gladiator e que, previamente no ano 1979 a UNESCO declarouno Patrimonio da Humanidade.
Fotos do exterior do anfiteatro
Foto do interior do anfiteatro
Fotos: Iniciarte
No hay comentarios:
Publicar un comentario