30/10/10

Novos achádegos en Segóbriga


A última campaña de escavacións no Parque Arqueolóxico de Segóbriga permitiu achar, por primeira vez, vivendas dentro da cidade romana, do século I d.C. Este descubrimento permitiu coñecer que existía unha vida urbana e doméstica ao redor da vida administrativa da cidade, segundo explicou o director científico da escavación, Juan Manuel Abascal na presentación do resultado das escavacións realizadas na campaña 2010, que comezou en xullo e que finaliza a finais de novembro.

Un achado destas características estaba «practicamente descartado» e por iso converteuse «nunha gran novidade», explicou Abascal. quen precisou que a vivenda romana estase terminando de escavar, aínda que se atopa «moi destruída» por modificacións posteriores e polos traballos agrícolas de moitos séculos. Está organizada ao redor dun patio central cun estanque de auga e un corredor circundante. Trátase do modelo tradicional de vivenda romana, que iría sufrindo progresivas modificacións ao longo da súa historia.

A campaña permitiu recuperar tamén algúns elementos decorativos, inscricións ou moedas, que unha vez estudados permitirán explicar mellor o desenvolvemento da cidade nas primeiras décadas do século I de nosa era.
O Parque Arqueolóxico de Segóbriga, na localidade de Saelices é actualmente un dos conxuntos arqueolóxicos máis significativos da Península Ibérica. As súas orixes remóntanse á Idade do Ferro, aínda que o seu momento de maior esplendor pertence á época romana, destacando o seu teatro e anfiteatro de época flavia.
Ao longo dos séculos I e II d.C. continuaron na cidade a bo ritmo as novas construcións, coa edificación do teatro, anfiteatro, basílica, pórticos, termas, etc., que deron á cidade un aspecto urbano similar ao de calquera dos grandes centros doutros territorios.


Non debedes de deixar de visitar a páxina web deste extraodinario paraxe arqueolóxico, ademais poderedes apreciar reconstrucións en 3D da cidade, o teatro e o anfiteatro.

O texto da noticia provén do Abc, e as fotos da páxina oficial do xacemento.

No hay comentarios: