
Pois os seus ollos ven moi ben. A mismísima Torre de Hércules nunha vivenda unifamiliar. Está situada en Venezuela, nunha praia do estado de Miranda, a unha hora e media de Caracas, segundo informa o xornal A Opnión de A Coruña.
"A arte é a mentira que nos permite comprender a verdade" P. R. Picasso

A iniciativa clausurou Artec 08/800 Ltd Edition. Tamén houbo proxeccións no Concello, na Domus ou no Teatro Colón.
A proposta vangardista Artec 08/800 Ltd Edition culminou ás dúas da madrugada de hoxe cunha peregrinación á Torre de Hércules, encabezada polos artistas urbáns Graffiti Research Lab, que realizaron unha espectacular proxección sobre o vello faro romano.
O láser sobre a pedra simbolizou así o apoio de Artec e da arte urbana de vangardia á candidatura da Torre de
Hércules como Patrimonio da Humanidade, nunha sesión que rematou cun chocolate con churros para todos os asistentes.
Ante o evidente estado de abandono, a mediados do século XVIII O Real Consulado Marítimo e Terrestre da Coruña tomou a iniciativa de reedificar, tal era o estado de ruíña, o faro. Para iso sería necesaria colaboración dos monarcas reinantes (Carlos III e Carlos IV)
Estas obras foron realizadas entre 1788 e 1790. Dous anos despois, Giannini decidiu rematar o seu plan coa construción da plataforma que sirve de base ao faro aínda na actualidade e coa realización da estrada de acceso á mesma.Podedes ampliar a información neste cursioso post de Quotidianum.







realizada a finais do século XVIII, polo que para coñecer a obra romana teremos que achegarnos ao seu interior onde poderemos apreciar que ten planta cadrada con catro estancias no seu interior que orixinalmente comunicábase dúas a dúas. É de tres andares (os dous primeiros de altura semellante e maior no último), con diferentes tipos de aparellos (cuadratum, vitatum e caementicium) Debería contar cun remate superior que, polas diferentes representacións conservadas da edificación, sábese que era circular cun remate en cúpula e con dúas portas que se abrirían en sentido oposto. 
se produce a restauración da Torre a fins do século XVIII o ilustrado coruñés Xosé Cornide Saavedra formula dúas posibilidades: unha rampla en voladizo ou unha rampla que se apoiaría sobre pés dereitos. Xa no século XX o arqueólogo e historiador alemán Sigried Hutter presentou a hipótese de que a torre tería unha rampla en voladizo. Mais habería de ser outro alemán, Theodor Hauschild quen, con métodos comparativos e lóxicos defenderá a hipótese da existencia dunha estrutura ou muro exterior que faría de soporte da rampla. 

As Portas
Caronte
Caracola
Hércules na nave dos Argonautas