A ubicación é espectacular posto que no complexo termario destacaba a piscina ao ar desde que a que se contempla o Mediterráneo e mesmo ao que se podía acceder por una gran escaleira. A auga doce chegaba desde as montañas polos acuedutos Zaghoun, dos tempos de Adriano e era acumulada nas cisternas de Borj Jedid.
Ademais das características propias dos complexos termais romanos, é dicir, baños (tepidarium), unhas salas de calor (caldarium) e unha gran piscina central fría (frigidarium) contábase con zonas deportivas. As edificacións tiñas partes para os homes e para as mulleres así como algunhas común. A máis salientable arquitectonicamente falando era o gran frigidarium central posto que era unha enorme sala abovedada de 22m x 47 m., cunha gran cúpula apoiada en oito grandes columnas, de catro toneladas cada unha, estriadas de granito gris rematadas en capiteis de mármore.
No frigidarium confluían dous recorridos simétricos e idénticos, dotados de apodypterium (vestiario), palestra, ximnasio, piscina de auga quente, destrictarium, onde con precisas rasquetas limpábase o cute de ungüentos e suor, calidarium e tepidarium, semellantes á actual sauna e baño turco. Do tepidarium pasábase ao friguidarium, punto de encontro central de toda a estrutura e logo podía accederse á piscina descuberta. Quen gozaba das termas podía facer o recorrido completo ou ben acortalo segundo as súas preferencias. Todas as salas tiñan planta hexagonal ou octogonal e estaban dominadas por altas cúpulas.
Tras caer en desuso, o conxunto foise derrubando polo que na actualidade só podemos contemplar parte da cimentación, dos sotos e dos fornos, das zonas de almacenamento de leña para quentar o hipocausto así como os tubos de barro para a auga quente e algún outros detalles como a columna de 15 metros do frigidarium. Mais e a pesar diso, é posible poder imaxinar a grandeza do conxunto termario.
Todo un exemplo da grandeza arquitectónica e de enxeñería da cultura romana.
Fotos: Iniciarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario