O "todo Barceló" móstrase desde onte en Barcelona en dúas exposicións que recollen unha ampla selección da obra de Miquel Barceló, o período iniciático (1973-82) en Arts Santa Mónica, e a obra posterior á súa consagración internacional con Documenta de Kassel de 1982 en CaixaFórum.
Na outra exposición, Barceló antes de Barceló (Arts Santa Mónica) preséntanse máis dun centenar de obras do artista, pertencentes ao período inicial e máis descoñecido de Miquel Barceló.
O director de Arts Santa Mónica, Vicenç Altaió, explicou que o obxectivo principal desta mostra é "dar a coñecer un conxunto de obras, moitas delas inéditas, que revelan algúns dos trazos máis significativos e perdurables na traxectoria dun artista que nese período tiña entre 17 e 25 anos".
Nesa obra iniciática xa aparecen os seus bestiarios, o tema recorrente dos cans, a poesía experimental, a obra matérica e os retratos e autorretratos.
No catálogo desta primeira exposición, que tamén se exhibirá en Palma de Mallorca e Toulouse (Francia), o propio artista confesa que en 1981, cando se instalou en Barcelona, o seu modus vivendi era a venda de droga, algo que non durou máis de dúas ou tres anos.
E agrega: "Sempre pensei que foi importante na miña vida tomar LSD, as visións nocturnas da cidade teñen moito que ver con estas experiencias lisérgicas. Non o tomei durante moito tempo, só unha tempada e despois funme a París de viaxe, e cando volvín xa me esqueceu", consciente de que moitos "realizaran unha viaxe deses dos que non volves".
En CaixaFórum, a outra exposición repasa a traxectoria do artista entre 1983 e 2009 a través de 180 pezas, desde as grandes teas ata as máis recentes.

Texto e foto vía La opinión de A Coruña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario