Mostrando entradas con la etiqueta Santa Cristina de Cobres. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Santa Cristina de Cobres. Mostrar todas las entradas

4/9/10

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (XIII)


Hai uns días o arquitecto Alfonso Fernández invitoume a visitar súa obra que se está a construír en Santa Cristina de Cobres (Vilaboa, Pontevedra) e da que INICIARTE foi dando conta desde os inicios da edificación. Lembro que o proxecto fora merecedor do premio GranDeArea da Delegación de Vigo do Colexio de Arquitectos de Vigo.

Pois ben, tras case nove meses sen dar conta da evolución desta vivenda (paralización temporal das obras, pequenas modificacións sobre o proxecto inicial, vacacións do verán…) podemos afirmar que a obra arquitectónica semella practicamente rematada. Faltan aínda detalles técnicos de carpintería (exterior e interior), colocacións das madeiras e grellas metálicas, levantamento de escaleiras interiores e exteriores, maquinaria da piscina e da calefacción e remate da zona auxiliar da piscina…

Sobre o tratamento paisaxístico da parcela estase á espera do remate das obras na vivenda para facer o estudo integral da mesma: horta, axardinamento, circulación de persoas e vehículos… Mais fica moi claro que se debe aproveitar o enorme potencial estético das grandes pezas graníticas aparecidas en varias zonas da parcela.

A impresión é fantástica: espazo común amplos, potenciación das vistas á ría, pureza de liñas e conceptos, emprego impecable das vigas e dos vanos, estudos pormenorizados das circulacións e usos futuros dos espazos. Unha vivenda tanto agradábel para o usuario diario como para o visitante.


Fotos dos exteriores da vivenda.
Apreciade a claridade formal e compositiva, a pureza de liñas e a perfecta comunicación entre o interior e o exterior da vivenda.



Fotos dos interiores da vivenda.

De arriba a abaixo a distribución e a seguinte: dormitorio principal con baño, vestidor zona de traballo e acceso á terraza; andar do medio con cuarto da limpeza, cociña, estudo, comedor e salón con acceso á zona exterior; baixo con dous dormitorios, baño e cuartos da maquinaria.



8/12/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (XII)

O arquitecto Alfonso Fernández nos envía un novo texto e novas fotos sobre a súa vivenda unifamiliar no concello pontevedrés de Vilaboa. Lembrade que estamos a ver medrar esta edificación desde o proxecto (Premio GranDeArea do Colexio de Arquitectos de Vigo). Fixádevos na potencia da piscina...

"Xa rematamos a estrutura da piscina. Os volumes estarán acabados cando terminemos a grellada que pecha a piscina. Interiormente reformulamos por onde irán as instalacións e comezouse a abrir rózalas para aloxalas. A fachada das habitacións inferiores tamén se modificou para ampliar as vistas, ensanchando as ventás. Logo de comprobar a estanqueidade da piscina acometeremos a recolocación do terreo e posiblemente redeseñemos o seu uso. A edificación aos poucos irá tomando contacto co terreo e asentando a súa presenza".


6/11/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (XI)

Tras soportar case dous meses completos sen noticias da vivenda de santa Cristina de Cobres (Vilaboa, pontevedra) do arquitecto Alfonso Fernández, xa temos en INICIARTE unha nova entrega informativa: texto e fotos. Parece que a vivenda xa ten moi claramente delimitados o seu volume e a súa personalide, non?

Completada a estrutura da edificación realizamos o peche das fachadas colocando un muro de bloque de formigón sobre o que fixaremos o acabado de lousa. Interiormente debuxamos no chan a posición dos tabiques e colocamos unha primeira fiada de ladrillo para comprobar que se corresponden plano e realidade. En caso de existir diferenzas, movendo esta fiada readaptamos a tabiquería. Esta fase é o reformulo.

Mentres levamos a cabo esta fase imos avanzando coa piscina, preparando o terreo para executar a estrutura que na próxima entrega xa debería estar finalizada.



Texto en cursiva e fotografías de Alfonso Fernández.

20/8/09

Vivenda unifamiliar en santa Crista de Cobres (X)

Había xa algún tempo que non informaba sobre como vai a construción da vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (Vilaboa, Pontevedra) do arquitecto Alfonso Fernández. Como lembraredes no mes de xuño estábase a rematar o forxado do baixo e agora xa está practicamente rematado o primeiro andar e a cuberta. A vivenda vai adquirindo a forma desexada paseniño, paseniño.

Non nos da chegado o tempo para vela rematada.

6/7/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (IX)

"O primeiro forxado xa está executado e neste bloque vemos como se prepara o segundo, parte do cal é a cuberta da peza principal. Xa podemos ver a proporción do edificio e a continuidade do terreo baixo a zona de estar. A escavación da piscina, cuxa construción está no aire, desvirtúa aínda o resultado final deste testero, pero xa se aprecia a súa escala e altura. Na outra cabeza só falta matizar a pendente de acceso ao garaxe e a escaleira exterior.

Nas fotos do interior vemos como o peto, de aproximadamente un metro, fai as funcións de viga, encadra a ría e recolle o espazo, protexéndoo da vista directa do camiño. Tamén se aprecia como a cuberta dá a volta para pechar a cabeza da piscina, rematando a secuencia de espazos enlazados, cuberto-pechado (estar), cuberto-aberto (terraza), cuberto-descuberto-aberto (praia, piscina), transversal (piscina).

Constructivamente vemos como se colocaron unha serie de barras verticais (pís dereitos) para poder suxeitar o peso do forxado ata que o formigón, xa endurecido, sexa capaz de soportar por se so o peso (aproximadamente un mes). Sobre eles colócanse taboleiros e encima os elemento de recheo (bovedillas, neste caso alixeiradas e de cor branca) e as viguetas, que son a maraña de pequenas espiñas que levan o peso ás grandes vigas (na fotos marcan o espazo entre a bovedillas) sobre este conxunto colócase un mallazo e refórzase con armaduras onde sexa necesario. Posteriormente formigónase e na zona na que colocaremos a lámina de cuberta pásase unha regra vibradora para garantir a súa planeidade e evitar resaltes que poidan perforala
".



Texto e fotos para Iniciarte: Alfonso Fernández.

3/5/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (VIII)

Hai tempo que non informaba da marcha da " nosa" vivenda en santa Cristina de Cobres do arquitecto Alfonso Fernández. Vealquí un texto introdutorio preparado polo propio arquitecto e unhas fotos de hai unhas semanas.

"Nas últimas entregas vimos como unha vez alcanzado o terreo coa suficiente resistencia, este regularizábase cunha capa de pouca resistencia e espesor (10 cm) de formigón (formigón de limpeza), para poder transmitir uniformemente as cargas do edificio. Despois con táboas, taboleiros ou contra o terreo, fomos construíndo recipientes coa forma da cimentación, esta fase chámase encofrado, para colocar dentro a armadura (aceiro) e verter o formigón (aceiro formigón= formigón armado), sempre segundo os planos de obra que responden a un cálculo de diámetros, lonxitudes, espesores, alturas, disposición e resistencias.

Na cimentación viamos as zapatas, que é unha punta roma para que se non se finque no terreo dos alicerces e muros.

A armadura prepárase en taller polos ferrallistas, trasládase a obra en camións e colócase en obra polos operarios. O formigón fabrícase sempre en centrais e trasládase a obra en formigoneiras. O tempo entre o seu amasado e a súa vertedura é limitado polo que é necesario ter ben programada a fase de formigonado. En obra vértese cunha bomba, con cubiletes desde guindastre ou con carretillas.

Sempre para poder enlazar unha fase de formigonado coa seguinte, deixamos parte da armadura máis longa para que se poidan solapar (armadura de espera). Para evitar accidentes protéxense as barras cuns tapóns na punta (neste caso ven de cor vermella).

Acabada a fase de cimentación, prepáranse os alicerces, os muros de carga e os muros de soto ou contención (que nos permitirán albergar parte do edificio por baixo da cota do terreo, é dicir soterrado). Colócanse armaduras, as dos muros son grellas, se empalman ás de espera, se encofran e de novo se formigona.

Agora, unha vez comezado o fraguado, fase de endurecemento do formigón, retírase o encofrado (desencofrado), quedándonos vistos alicerces e muros, permitíndonos impermeabilizar e illar a cara da estrutura que vai estar en contacto co terreo para desta forma evitar filtracións de auga ao interior e fugas de calor ao terreo.

Cando a base do edificio está executada e preparada para recibir o terreo podemos restituír o perfil orixinal, introducindo se son necesarias as modificacións que nos favorezan.

Quedará a obra preparada para empezar a montar os forxados como veremos máis adiante. "

5/4/09

Vivenda unifamilar en santa Cristina de Cobres (VII)

Mirade como a obra do arquitecto Alfonso Fernández en santa Cristina de Cobres (Vilaboa, Pontevedra) xa vai collendo forma.

30/3/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (VI)

Hoxe toca ver as zapatas formigonadas e o armado dos muros. Recordo que o que estamos a ver é o crecemento dunha vivenda unifamiliar, desde o seu, premiado, proxecto, a situación da parcela, o replanteo, a escavación...

Lembrade que se queredes ver toda a evolución desta vivenda do arquitecto Alfonso Fernández tan só tedes que clicar na etiqueta correspondente.

6/3/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (V)

A escavación-2
Continuando coa obra do arquitecto Alfonso Fernández na parroquia de santa Cristina de Cobres (Vilaboa, Pontevedra) vemos hoxe as fotos da última parte da escavación do solar antes de comezar a cimentación.

"Por escavación entendemos o movemento de terras realizado ao descuberto cuxo obxecto consiste en alcanzar o plano de arranque da edificación, é dicir as cimentacións. Podemos diferenciar; o desmonte, movemento de todas as terras que se atopan por encima da rasante do plano de arranque da edificación, o baleirado que se realiza cando o plano de arranque da edificación atópase por baixo do terreo e o terraplenado cando o terreo atópase por baixo do plano de arranque do edificio e é necesario levalo ao mesmo nivel.
Cando a execución é en roca e esta é branda, pódese usar máquinas con martelos rompedores ou con explosivos, se son rocas de gran dureza, a súa escavación só lógrase con explosivos.
O material extraído pode amorearse na mesma obra ou envialo a vertedoiro. Se se realiza provisión na mesma obra a fin de utilizalo en futuros recheos, elíxese unha zona que ha de ser delimitada e que non interfira noutras tarefas.
Neste apartado debemos incluír tamén os movementos necesarios para ramplas de saída e entrada de camións.
A destrución que produce a escavación, sen ser despreciable, é moito menor do que parece. A retirada do manto vexetal, a apertura temporal de gabias e de espazos para traballar, que posteriormente se encherán, dá unha falsa sensación que é difícil de avaliar na súa xusta medida. Co tempo iremos vendo como cada cousa ocupará de novo o seu lugar, restituíndo a topografía orixinal. Iso si, cun edificio no medio."
Texto de Alfonso Fernández.


26/2/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (IV)

A escavación

El conjunto de actuaciones a realizarse en un terreno para la ejecución de una obra se conoce como Movimiento de Tierras, y puede realizarse en forma manual o en forma mecánica.

La primera operación es el desbroce, consistente en una actuación a nivel de la superficie del terreno, limpiando de arbustos, plantas, árboles, maleza y basura. Una vez limpio y libre, se efectúa el replanteo y se comienza con la excavación.

El replanteo es el proceso inverso a la toma de datos, y tiene por objeto trasladar fielmente al terreno las dimensiones y formas indicadas en los planos que integran la documentación técnica de la obra. De un buen replanteo inicial depende la buena ejecución de las siguientes fases.

Con un Estudio Geotécnico previo, se realiza una evaluación del terreno, que sirve al Proyectista para elegir la cimentación adecuada del edificio, su situación, dimensiones y profundidad. Esta ha de alcanzar la cota en que el terreno es lo suficientemente firme como para soportar las tensiones previstas en el cálculo.

Por excavación entendemos el movimiento de tierras realizado a cielo abierto cuyo objeto consiste en alcanzar el plano de arranque de la edificación, es decir las cimentaciones. Podemos diferenciar; el desmonte, movimiento de todas las tierras que se encuentran por encima de la rasante del plano de arranque de la edificación, el vaciado que se realiza cuando el plano de arranque de la edificación se encuentra por debajo del terreno y el terraplenado cuando el terreno se encuentra por debajo del plano de arranque del edificio y es necesario llevarlo al mismo nivel.

Cuando la ejecución es en roca y ésta es blanda, se puede usar máquinas con martillos rompedores o con explosivos, si son rocas de gran dureza, su excavación solo se logra con explosivos.

El material extraído puede acopiarse en la misma obra o enviarlo a vertedero. Si se realiza acopio en la misma obra a fin de utilizarlo en futuros rellenos, se elige una zona que ha de ser delimitada y que no interfiera en otras tareas.

En este apartado debemos incluir también los movimientos necesarios para rampas de salida y entrada de camiones.

La destrucción que produce la excavación, sin ser despreciable, es mucho menor de lo que parece. La retirada del manto vegetal, la apertura temporal de zanjas y de espacios para trabajar, que posteriormente se rellenarán, da una falsa sensación que es difícil de evaluar en su justa medida. Con el tiempo iremos viendo como cada cosa ocupará de nuevo su lugar, restituyendo la topografía original. Eso sí, con un edificio en el medio.

Texto. Alfonso Fernández


No día do seu cumpreanos, esta entrada vai para Begoñita.

21/2/09

Igrexa de Santa Cristina de Cobres

Unha das sorpresas desta bitácora é participación dos seguidores ou dos visitantes. Hai tempo, Luís Gómez, escribiu un post, outros amigos nos facilitaron información ou recursos para diversas entradas. A última sorpresa chegou desde o sur de Galicia, desde a espectacular ría da Aldán, lugar fermoso onde os haxa. Beni Nerga , fiel seguidor de Iniciarte, enviounos unhas fotos da igrexa parroquial de santa Cristina de Cobres, xa sabedes esa parroquia onde estamos a desenvolver o proxecto de ver medrar, mes a mes, unha vivenda unifamiliar do arquitecto Alfonso Fernández.


Esta pequena igrexa foi edificada en 1678, mais logo trasladada do seu emprazamento orixinal ata o actual en Barciela. Sufriu varias reformas, de feito tal que moito do que podemos ver é do século XIX. A súa planta é de cruz latina con cuberta, a dúas augas, con gran espadana na súa fachada. Destaca moito a súa ábsida posto que é máis alta que a nave. Precisamente a nave está cuberta con bóveda de canón lixeiramente apuntada e arcos faixóns. Ten sancristía orientada ao norte e con dúas capelas con bóvedas de canón.


Podedes ver máis fotos en Vigo en Fotos e un pequeno texto no artigo de Rafael Fontoira “Las otras bellezas del Morrazo”




Grazas Beni

3/2/09

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres(III)

O replanteo
Continuando coa evolución da vivenda unifamilar en Santa Cristina de Cobres, hoxe podemos ver as fotografías do replanteo. Non deixedes de clicar sobre a etiqueta de Santa Cristina de Cobres para ir vendo todos os post.

22/12/08

15/12/08

Vivenda unifamiliar en santa Cristina de Cobres (I)

Hoxe 15 de decembro, a Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) fai entrega dos seus Premios GranDeArea. Un dos premiados é o arquitecto coruñés Alfonso Fernández Bernárdez, xa premiado pola Fundación Juana de Vega.

Os premios GranDeArea de aportación á Arquitectura, son convocados pola delegación de Vigo do COAG, e "supoñen un recoñecemento aos PROMOTORES e ARQUITECTOS polo seu labor necesariamente conxunto para obter, máis aló dun produto, unha expresión arquitectónica do feito cultural actual".

Iniciarte, principia hoxe a aventura de ver medrar un proxecto. Desde o deseño ata a edificación. Co permiso do arquitecto (grazas Alfonso) seguiremos os pasos a esta vivenda unifamiliar en Santa Cristina de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa. De cando en cando e cunha certa periodicidade iremos apreciando os progresos volumétricos desta edificación. Iremos constatando que a solución dada a unha parcela con numerosas dificultades arquitectónicas (orientación, inclinación) é realmente axeitada.

En palabras do arquitecto:
"Exponse unha disposición longitudinal Norte-Sur intentando aproveitar as ganacias solares do oeste, favorecer as vistas á ría ao este e ao eixo principal da parcela. A pastilla principal que apoia só as cabezas no terreo, dá acubillo aos espazos comúns, tanto interiores como exteriores. O volume transversal aloxa os dormitorios, adaptándose aos niveis do terreo; sobre a pastilla o dormitorio principal, abaixo os dormitorios de invitados e na mesma cota a entrada. No nivel inferior sitúase o garaxe. A piscina, transversal e estreita, divide a parcela diferenciando zona edificada e vexetal. É abrazada pola cuberta da pastilla principal e a ela vincúlanse a praia descuberta e a cuberta, que á súa vez é terraza do estar. Lonxitudinalmente se secuencian na mesma cota, piscina, praia cuberta, estar, comedor e estudo, cociña e lavadera-secadeiro-leñeira. A fachada ventilada trátase a base de táboas horizontais de lousa e monocapa".

Obras premiadas.


Ilustracións: Alfonso Fernández.