Estiven dúas veces en Naupacto (en latín, Naupactus; en griego,
Ναύπακτος, Náfpaktos), coñecido tamén como Lepanto que é un municipio e unha
cidade da unidade periférica de Etolia-Acarnania, na costa norte do estreito
que separa o golfo de Patras do golfo de Corinto, en Grecia.
Neste lugar tiveron lugar dúas famosas batallas, a de
Naupacto que foi unha guerra naval na Antiga Grecia entre Atenas e Peloponeso e
a de Lepanto de 1571.
É cualificada en moitas ocasións como a cidade pequena máis
fermosa de toda Grecia. Sen dúbida o seu pequeño porto é realmente
espectacular.
Pero poño hoxe outras fotos non tan fermosas. Muralla do
século XV mandada levantar polo República de Venecia mais cunha pequena
abertura para mellorar a comunicación co exterior da pobación xa que as portas
existentes foron consideradas insuficientes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario