Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeo. Mostrar todas las entradas

4/5/15

Pollock





31/3/14

Manet: O almorzo na herba

17/3/14

Goya: "O tres de maio"

6/10/13

Novo museo da Acrópole de Atenas

Hai xa algún tempo, no verán do 2009, foi inaugurado o novo museo da Acrópole, con este vídeo poderemos facernos unha ideoa de como é realmente. A gozar.

6/6/13

Chicago: cinco edificios emblemáticos

Ben sabedes do impacto visual e arquitectónico que me causou a cidade do vento, Chicago. Neste blog xa vos puxen varias entradas sobre a súa Escola de Chicago e sobre as súas esculturas contemporáneas na rúa. Hoxe preséntovos o fermoso vídeo que vin en Capítulo cero sobre "Cinco fabulosos edificios" así como algunhas fotos miñas sobre esas construcións.

Chicago - Five Great Buildings from Al Boardman on Vimeo.
O espectacular skyline 
John Hancok Building

Willis Tower

IBM Building

Craim Communicaitions Building


Marina City

Varios dos edificios sinalados desde o alto do Hancok

20/5/13

Sen comentarios (XLI): Vivenda en México

Vídeo titulado " La casa más fea del mundo" Por que será?

26/1/13

MIguel Anxo e a Derradeira cea

Un pouco de humor:

22/5/12

Escola pública de todos e para todos

Desde o IES Matías Bravo de Valdemoro (Comunidade de Madrid)

2/5/12

O Guernica de Picasso: vídeos






 
 
 
 
 

 
 
 
 
 

20/2/12

O Greco: selección de vídeos

Preséntovos unha selección de vídeos sobre O Greco e as súas obras. 



Ademais desta selección non deixedes de ver  o de Juan Carlos Ortega, no seu programa La mitad invisible sobre o Enterro do señor de Orgaz, insuperable.

27/1/12

Miguel Anxo e a Capela Sixtina


Como complemento á obra de Miguel Anxo, mirade este vídeo premiado desde o punto de vista médico. Para nós non deixa de ser un pequeno divertimento (grazas Susana)




26/1/12

O xardín das delicias e Carl Orff

Xa vos teño presentado en varios formatos esta alucinante táboa de  O Bosco: poderedes atopalos na etiqueta Pintura flamenga (hai outro vídeo fantástico). Hoxe vola poño nun vídeo cunha música tamén alucinante. A gozar.

´

30/12/11

Feliz aninovo 2012

Cos mellores desexos:



24/12/11

Para todos e todas os docentes

Coñecido grazas a Paco Hidalgo: 

7/12/11

Para descansar un pouco... unhas vistas impresionantes:

5/12/11

O Pórtico da Gloria e os seus problemas

Dentro do Programa Catedral da Fundación Barrié, hoxe quero salientar o relativo ao Pórtico da Gloria, do que xa temos falado en abundancia neste blog.

O Pórtico da Gloria é, xunto coa cámara e o sepulcro do Apóstolo, a peza máis representativa do conxunto catedralicio e unha das máis significativas do Románico en toda Europa. O paso do tempo, os cambios de gusto e os traballos de mantemento e/ou reforma pictórica, a erosión e o desgaste producido polas condicións atmosféricas e polo uso, o efecto da humidade e a contaminación ocasionaron a súa deterioración, que se viu acelerado considerablemente nas últimas décadas.











Agardemos que a nova cuberta serva para algo.

1/12/11

O lintel do Pórtico da Gloria

Neste vídeo debuxado, o arquitecto Arturo Franco Taboada intenta desvelar o enigma sobre unha misteriosa fractura que aparece no gran lintel que soporta o tímpano do Pórtico da Gloria. O arquitecto teoriza sobre un suceso que, por algunha razón descoñecida, pasouse por alto para todos os investigadores que se interesaron ao longo do tempo, na análise desta xoia do románico tardío. Suxírese neste informe, unha curiosa referencia histórica, que podería axudar á datación da data desta rotura.




29/11/11

A catedral de Santiago en helicóptero

Pois efectivamente, en helicóptero... de reducidas dimensións e manexado por radio control. Un bo xeito de introducirnos nesta xoia arquitectónica.

NOTA. Pasados uns días da publicación deste vídeo, deixo unha ligazón con Vimeo para que o podades contemplar. Retíroo para que a súa música non entorpeza a lectura doutras entradas.



Grazas Mari Carmen por darme a coñecer esta curiosidade tan fermosa.

22/11/11

Sobre o galego

Dous vídeos interesantísimos. o primeiro vinno na Biblioteca do Chouzo de onde collo, tamén o texto. Aclaro que Cea, xunto con Carral e Osedo, é un dos lugares co mellor pan de Galicia.
Lipdub do CPI Virxe da Saleta sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.






O segundo vídeo é de Carlos Blanco. Todo un fenómeno mediático.



27/10/11

Recreando a Roma Imperial