A igrexa da nosa Señora da Oliveira, pertencente a un antigo
mosteiro, está situada no centro histórico de
Guimarães, Portugal.
Pouco queda da construción orixinal, cuxa iconografía se
supón tipicamente benedictina (ao redor do ben e do mal), aínda que no Museo
Alberto Sampaio consérvase un capitel
románico que data da segunda metade do século XII e procede do portal principal da igrexa.
As arcadas do claustro e o portal da Sala Capítular, unha
obra cunha excelente técnica construtiva, son testemuño do mellor conxunto románico-mudéxar de granito de Portugal.
Fundada por Afonso Henriques, a igrexa foi reedificada en 1388 por Xoán I en agradecemento
á Virxe pola súa vitoria na batalla de Aljubarrota. A nova igrexa, cuxo
arquitecto foi o toledano Juan García, ocupou parte do claustro e foi necesario
demoler unha das súas galerías. A torre
manuelina, que data do ano 1515, foi mandada a construír por Pedro
Esteves Cogominho, un cabaleiro da casa dos duque de Bragança.
A súa orixe remóntase ao mosteiro dúplice fundado pola
condesa Muniadona Díaz no ano 950 na cidade de Vimaranes baixo a invocación de
San Mamede, onde máis tarde profesou. A condesa tamén mandou a construír o
castelo de Guimarães para a protección do mosteiro á vez que serviu como sede
da corte dos condes de Portugal. No seu testamento doou todos os seus dominios
e rendas así como obxectos relixiosos da súa propiedade ao mosteiro.
A posesión dunha autonomía por parte do mosteiro, que non
recoñecía a autoridade e a superioridade xerárquica do Arcebispo de Braga senón
só a da Santa Sé e o rei de Portugal, deu lugar a graves conflitos e mesmo
loitas, ás veces co uso da excomunión,
entre as dúas institucións relixiosas, esta rivalidade durou case ata a época
do século XIX.
Ante a porta principal atópase o Padrão
do Salgado, un pequeno templo gótico do século XIV con catro arcos oxivais que alberga unha cruz que foi doada
por Pero Esteves, un comerciante de
Guimarães residente en Lisboa, en 1342. Mandado a construír polo rei
Alfonso IV de Portugal, é o único monumento erixido para
conmemorar a vitoria
na Batalla do Salgado.
Conta a lenda que unha oliveira foi trasplantado a este sitio para alimentar a
lámpada do altar co seu aceite pero en 1801, contra a vontade da poboación, a
Cámara local cortou a oliveira que definira por séculos o espazo fronte á
igrexa.
O edificio integra elementos de características manuelinas, sobre todo a torre do campanario
reconstruída polo prior D. Diogo Pinheiro en 1513 e na que se atopa a capela
funeraria dos seus pais. A finais do século
XVII, o rei Pedro II mandou ampliar a capela maior, en cuxa bóveda se
pode ver o seu escudo; data do mesmo período a
sillería do século XVII con
respaldos neoclásicos, que é outro dos
puntos destacados deste monumento, á vez que o retablo do altar maior (que data
da segunda metade do século XVIII), o
altar de prata da Capela do Santísimo
Sacramento e os grandes lenzos barrocos atribuídos a Pedro Alexandrino
que decoran as paredes. O edificio sufriu intervencións durante os séculos XIX e
XX.
Foi modernizada en numerosas ocasións polo que o seu estilo
é algo indefinido. Destaca un impoñente campanario do século XIII.
A gran xanela do rexistro superior da fachada principal está
dedicada integramente á xenealoxía da Virxe. No retablo da capela maior atópase
a vetusta imaxe de Nosa Señora da Oliveira.
No antigo claustro da colexiata do mosteiro atópase o Museo
de Alberto Sampaio que alberga unha colección de arte sacra e varias pezas da
igrexa incluíndo unha imaxe románica da
Virxe de Santa María de Guimarães así como
o farseto que vestiu o rei Juan I de
Portugal na batalla de Aljubarrota e un
tríptico da Natividade, ambas as pezas ofrecidas polo monarca portugués á Virxe
en acción de grazas pola vitoria na devandita batalla.
Informción procedente de Visitportugal e Wikipedia.
Fotos: INICIARTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario