Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Vídeos. Mostrar todas las entradas

30/5/22

Museo de Arte Abstracta de Cuenca

 



Situado nas singulares Casas Colgadas en pleno centro histórico de Cuenca, o Museo de Arte Abstracta Español expón unha colección de arte abstracta e reordena a súa colección periodicamente para acoller exposicións temporais.




O museo foi fundado a iniciativa do artista Fernando Zóbel en 1966 e está situado nas Casas Colgadas, unha edificación medieval moi singular que forma parte do armazón urbano da cidade antiga de Cuenca. En 1980, Fernando Zóbel doou á Fundación Juan March a súa colección de pintura, escultura, debuxo e obra gráfica, así como a súa biblioteca persoal e un conxunto cos seus diarios e máis de cento trinta cadernos de apuntamentos. Desde entón, a Fundación é titular do museo e responsable da preservación e actualización do legado recibido, que enriqueceu cos seus propios fondos e con novas adquisicións.


Resultado da xenerosa iniciativa de Fernando Zóbel, que contou desde o principio coa valiosa colaboración de Gustavo Torner e GerardoRueda –xunto á doutros artistas–, o museo constituíu unha iniciativa pioneira, xa que, ata a década dos oitenta do século pasado, España apenas contaba con institucións –públicas ou privadas– dedicadas a coleccionar e exhibir publicamente arte contemporánea –abstracta, neste caso– en condicións museográficas modernas.



O Museo de Arte Abstracta Español converteuse enseguida nun referente no panorama museístico nacional e internacional. Por suposto, pola arte –unha selecta colección de pinturas e esculturas comprendidas entre os anos cincuenta e oitenta do século pasado– pero tamén polo edificio histórico que a acolle, un conxunto de casas do século  XV que, colgadas sobre a fouce do río Huécar, aínda hoxe conservan algunhas trazas da súa orixe.


En 1980, Fernando Zóbel doou á Fundación Juan March a súa colección de pintura, escultura, debuxo e obra gráfica, así como a súa biblioteca persoal e un conxunto cos seus diarios e máis de cento trinta cadernos de apuntamentos.


En 1966, no prólogo ao primeiro catálogo do museo, Fernando Zóbel escribiu que a súa "colección", aínda que modesta en comparación á de calquera museo con historia, excede con moito as posibilidades de exhibición nas Casas Colgadas de Cuenca. […] Por iso […] a fórmula do museo será […] a de rotación lenta de obra". Hoxe, o Museo de Arte Abstracta Español é xa un museo "con historia". Nel, as obras da colección propia e as dos artistas españois e internacionais representados nas exposicións temporais que organiza, seguen rotando co grao xusto de lentitude que esixen o tempo da contemplación, o gozar e a aprendizaxe, ante a mirada de quen o visita.


Texto: Museo Arte Abstracta.

Fotografías: INICIARTE.







22/6/20

Vila romana "A Olmeda"

Unha das vilas romanas mellor musealizadas é ista de La Olmeda (Palencia) Na rede hai moita información. Poño dous vídeos.
Video introdutorio:




Unha presentación con algunha das miñas fotos:

29/11/18

10/9/18

Iniciamos un novo curso con ritmo

Benvidos e benvidas.

30/4/18

Frank Lloyd Wright: Fallingwater House

Un pouquiño de Wright nunca está de máis, aquí van uns videos:


6/2/17

O Bosco: "O xardín das delicias" animado por Juan Ibáñez

Copio a seguinte entrada de Cultura Inquieta.

Juan Ibáñez (Sevilla, 1955) asegura que a idade física non garda relación coa vitalidade intelectual e emocional. E esta vitalidade é a que se reflicte na súa obra: Un curto animado co escenario e os personaxes do cadro do Bosco, O xardín das delicias. Marcado polos tebeos, Juan Ibáñez, artista multidisciplinar, logra dar vida ao cadro do Bosco. O artista sevillano faino a través da técnica da curtometraxe e a súa voz.

O Bosco é un dos primeiros mestres da historia da arte que introduce nas súas imaxes o compoñente onírico, foi realmente a orixe do surrealismo, pero moitos anos antes, estamos falando do século  XV as súas obras xa mesturaban a fantasía, o humor e a crítica.


A música do seu curto, O xardín das delicias, elaborouna a partir de descartes de músicos anónimos. A voz en off guía o percorrido e enfatiza os versos dos Sonetos a Orfeo de R. M. Riike, "Aínda é hoxe" de M. J. Romeu e "O reloxo" de Charles Baudelaire, que expresan en xénero poético o drama do artista, a súa visión ontolóxica.


9/1/17

O Bosco: "O xardín dos soños"

O BOSCO, EL JARDÍN DE LOS SUEÑOS,  dirixido por José Luis López Linares, galardonado con tres premios Goya e nominado aos Emmy. É documental de 90 minutos centrada no cadro máis importante do pintor e un dos máis icónicos do mundo: O xardían das Delicias.

EL BOSCO: El Jardín de los Sueños (Bosch: the Garden of Dreams) from Versión Digital on Vimeo.

18/4/16

Entender o cubismo (e II)

Vídeo realizado por Nicolás Brando como parte do Proxecto Final do seu grao en Humanidades na Universitat Pompeu Fraba (2013)  

15/4/16

Entender o cubismo

Vídeo de Carlos Alonso Ojea, novísimo realizador de spots multipremiado. As súas curtas distribúeas Vilcávaro shortfilm. 

31/3/16

Mary Cassat

21/3/16

A Familia de Carlos IV por Carmen Garrido

10/11/15

A Alhambra por National Greographic

30/10/15

O Castro de Elviña

13/4/15

Paseando con Van Gogh

Vía: Didactticarte

6/4/15

Cezanne

28/3/15

Unha semaniña de descanso

2/3/15

As Meninas de Velázquez en 360 graos

Desde o blog Enviarte, un novo xeito de ver esta obra:


9/2/15

Caravaggio: vídeo resume

Possin afirmara que Caravaggio era un home "que posuía por enteiro a arte de pintar", pero que "chegara ao mundo para destruir a pintura". Vídeo resume.