A última gran exposición dedicada a Luís Seoane no ano do seu c
entenario inaugurouse onte na sede da Fundación Caixa Galicia. "Cen por cen Seoane" reúne 350 pezas do creador coruñés, que naceu na diáspora de Bos Aires, e que revolucionou as artes plásticas tanto en Galicia como na súa Arxentina natal. (...). Cando falta pouco máis de dous meses para que finalice o ano do centenario do nacemento de Luís Seoane, a Fundación Caixa Galicia pon en marcha unha ambiciosa exposición na que se disecciona en partes -en 100 partes, para ser concretos- a figura do intelectual galego, co fin de proporcionar ao visitante unha visión aproximada da poliédrica personalidade do xenio coruñés a través de 350 orixinais, entre pinturas, gravados, fotos e documentación.
"A vida e a traxectoria de Luís Seoane é o poema máis fermoso da Galicia do século XX" afirma Xosé Díaz, comisario da exposición, "porque foi xornalista, político, artista, deseñador gráfico, editor... Isto é un percorrido pola vida e a obra de Seoane, polo que ten de valioso para o futuro de Galicia".

Curiosamente, unha instalación tan variada e que trata temas tan diferentes entre si comeza e termina no mesmo lugar, como un circulo que se pecha; os dous primeiros módulos de Cen por cen Seoane son "O faro do Monte dos Bicos", que explica a vida do neno Seoane xunto á Torre de Hércules, e "Pecho os ollos e vexo Arca", en recordo da aldea de Santiago na que o artista pasou as súas vacacións de adolescente, e onde aprendeu a ver a Galicia campesiña e ancestral. E o último expositor, o que fai o número 100, mostra a influencia da arte popular na obra de Seoane.
"Esa é a dualidade máis importante de Seoane" explica Díaz, "que foi o gran modernizador plástico de Galicia, pero a través das formas tradicionais de cultura. Porque, ao final do camiño, todos volvemos ao mesmo sitio".

No hay comentarios:
Publicar un comentario