17/2/10

San Lourenzo do Escorial: a historia descoñecida


INICIARTE xa vos ten contado algo sobre esta impresionante obra do “Imperio español”. Pero hoxe quixera amosarvos algo que non sae moito nos libros de arte. Cal foi realmente a historia do edificio? Houbo problemas? Case resulta incrible que chegara ata os nosos dias, lede senón.


Sabemos que segundo o deseño de Xoán Bautista de Toledo a obra foi iniciada no 1563. Posteriormente Xoán de Herrera faríase cargo das mesmas modificando notoriamente o proxecto inicial. Un dos elementos máis salientables do edificio é a súa impoñente cuberta de lousa e foi precisamente isto o que case remata con el en varias ocasións. Para soportar o enlousado do cuberta cumpría facer un gran entramado de madeira que co paso do tempo provocaría a súa necrose, pragas xilófagas, auga e, sobre todo, moitos lumes.


Entre 1577 e 1968 padecéronse no Escorial un total de sete grandes incendios. Xa no 1577 unha gran tormenta agasallouno con quince raios co conseguinte incendio que destruiría unha torre e as súas campás (o bronce derretido impediría achegarse ata a torre para tentar apagalo) Contemplaron o desastre o propio Filipe II e o duque de Alba.


En xuño de 1671 prendeuse lume nunha cheminea do colexio, de aí pasou ao faiado, propagándose por toda a estrutura de madeira do tellado. Sopraba un fortísimo vento polo que al lapas estendéndose rapidamente. Dándose por perdido, os traballos centráronse en salvar a biblioteca e as salas capitulares. O incendio durou dúas semanas. Tras case medio século de abandono faríase un reconto dos fondos da biblioteca: 4.500 exemplares (a metade dos exemplares deixados na época de Filipe II) Procederíase, logo, a unha completa reconstrución discutíndose moito se refacer o entrado de madeira da cuberta ou facer unha bóveda de pedra con muros cortalumes.


Outro desastre foi co fornecemento da auga. Como chegaba con pouca presión, decidiuse facer un encoro segundo os planos de Xoán de Villanueva a finais do XVII para fornecer a Casita de Arriba. En 1871 construíuse un novo encoro mais non se tivo en conta os posibles efectos negativos do aumento da presión da auga. Deste xeito cando se abriu a comporta inundouse a lonxa e o propio mosteiro, subindo tanta a auga que mesmo afectaría a tapices, enterramentos, mobles e outros obxectos do edificio.


Outra forte treboada en 1744 ocasionaría un grande lume destruíndo algunha galería. En 1763, estando Carlos III no edificio, un novo incendio afectaría á cuberta do lado norte, estendéndose a un almacén de velas o que ocasionaría unhas enormes lapas.


Durante a Guerra de Independencia padeceu un “científico” saqueo polos franceses xa que contaban cun interesante inventario artístico realizado pouco tempo antes polo francés Federico Quilliet. Varias ducias de carros cargados con obras de arte saíron do Escorial (pero esta é outra historia)


En 1826 outro raio caído sobre a Torre das Campá ocasionaría un novo incendio, destruíndo ao longo case un día enteiro todo o lenzo comprendido entre a Torre de Damas e a igrexa así como o órgano de campas.


Case cincuenta anos despois (1872) produciríase outro lume, o sexto de importancia. Un novo raio, caído nesta oportunidade na fachada do Colexio de san Lourenzo, pola zona do Patio dos reis, incendiando axiña a armadura da cuberta. O lume propagaríase cara a biblioteca e á parte alta do colexio, á torre de esquina do seminario e ao lucernario do colexio. Contra a noite as lapas eran inmensas, semellando un auténtico volcán. Derrubáronse as cubertas, caendo a torre situada entre o colexio e pazo e ficaron destruídos o patio da cociña, o claustro de seminario de Nobres Artes, o salón de estudos, o dormitorio do alumnado e a galería do patio do colexio. Afortunadamente os 14.800 volumes da biblioteca puideron salvarse.


Finalmente (ou habería que dicir, polo de agora?) o 13 de abril de 1965, un novo lume afectou ás cubertas que mesmo chegaría a verse desde a Cidade Universitaria. Para evitar máis problemas sustituiuse a madeira en todas as cubertas do edifico por ferro e formigón.


Que historia tan quente ten O Escorial...


Bibliografía: Monasterio de san Lorenzo de El Escorial. A merced de las llamas. En “Descubrir el arte 125, pp. 70-73

2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Madre mia!! pues si que tardaron en cambiar las cubiertas de madera...!!

P.D: interesantísimo post, ahora se todo los contratiempos que sufrió este "2º templo de salomón" a lo largo de la historia.

Besos

PACO HIDALGO dijo...

Gracias por darnos a conocer estos detalles desconocidos de obras como ésta, y por aportar cosas diferentes al mundo del arte. Hacen falta.
Un abrazo.