Vista xeral do xacemento de Mesenia
En febreiro de 2015
estiven unha semana en Grecia. Todo resultoume mellor, e máis emocionante, do
esperado. Pero se teño que admitir algo que me impactara foi, sen dúbida,
Mesenia. E foino por sorprendente, por
descoñecida.
Na actualidade Mesenia é
unha prefectura do sur do Peloponeso con capital en Kalamata. Magnificas
lembranzas das fermosísimas vistas que tivemos desde a terraza do hotel.
Na época da Grecia
Clásica, a capital estivo en Mesene
(grego: Μεσσήνη Messínî o Messénê
)
Foi fundada por
Epaminondas no 369 a.C. despois da batalla de Leuctra.
A cidade foi construída
polos exércitos combinados tebanos e arxivos e os exiliados mesenios que foran
invitados a regresar e atoparon un Estado que será independente baixo goberno
espartano. O sitio foi elixido por Epaminondas E estendíase sobre a pendente
occidental da montaña que domina a chaira mesenia e culmina nos dous picos de
Itome e Eua. O primeiro destes (740 m) servía como acrópole, e foi incluído
dentro do mesmo sistema de fortificacións que a cidade de abaixo.
Santuario de Asklepios
Pausanias deixou unha
descrición da cidade (IV, 3, 1-33), os seus principais templos e estatuas, os
seus mananciais, os seus mercados e ximnasios, os seus lugares de sacrificio, a
tumba do heroe Aristómenes e o templo de Zeus Itomatas no cume da acrópole
cunha estatua do famoso escultor arxivo Agéladas, orixinalmente feita para os
hilotas mesenios que se estableceron en Naupacto ao final da terceira guerra
mesenia.
Pero o que provocou o seu
asombro principalmente foi a solidez das súas fortificacións, que superaba a
todas as do mundo grego. Da muralla, aproximadamente de 8 km de extensión,
quedan considerables partes aínda, especialmente ao norte e ao noroeste, e case
o circuíto enteiro aínda pode ser seguido, proporcionando o mellor exemplo
existente de fortificación grega.
A muralla está flanqueada por torres duns 9 metros de alto levantadas a intervalos irregulares: estas teñen dúas plantas con escapatorias na parte inferior e fiestras na superior, e entrábase por portas no nivel máis alto do muro ao que se chegaba por tramos de chanzos.
Das portas só dúas poden ser localizadas, a do leste ou porta Laconia, situada no lado oriental, e a norte ou porta Arcadia. Da primeira só quedan pequeno restos: a última, con todo, está excelentemente conservada e consta dun patio circular duns 18 m de diámetro con portas interiores e exteriores, a última flanqueada por torres cadradas a uns 10 metros unas doutras. O lintel da porta interior foi formado por unha única pedra de 5,7 metros de lonxitude, e a cachotería do patio circular é dunha asombrosa beleza e precisión.
Os outros edificios que poden ser identificados son o teatro, o estadio, a cámara do consello ou Bouleterión, e o propylaeum do ágora, mentres que nas alturas da montaña están os cimentos dun pequeno templo, probablemente o de Artemisa Lafria.

Lintel da Porta Arcadia

Patio circula da Porta Arcadia
Os outros edificios que poden ser identificados son o teatro, o estadio, a cámara do consello ou Bouleterión, e o propylaeum do ágora, mentres que nas alturas da montaña están os cimentos dun pequeno templo, probablemente o de Artemisa Lafria.
Estadio e ximnasio
Faise imprescindible que visitedes a web do xacemento porque amosa uns vídeos moi clarificadores. En vindeiras entradas irei comentando aspectos parciais deste marabilloso lugar.
Fotos de Iniciarte.
2 comentarios:
Ficaremos que non faga falta loitar contra os persas novamente e chegar a perderse toda esta estética anterga.
Cuna danteceres lonxanos que se ben fixeron de nos xente de lembranzas e conversas sobor os legados da historia, os acontecementos actuais levan o inferno das guerras contra as pedras e rochas laboradas a golpe de cicel.
No punteiro daqueles maeses canteiros andaba a istoria das polis e logo nas costas do sur fixeron outros máis.
Agora a ruíndade bota polo chan tantas delas; seica falaran as pedras chorarían de medo.
Unha ledicia lerte, maese. :)´
Moitas grazas por tan reflexivo comentario.
Publicar un comentario