O santuario de Atenea Pronaia é o primeiro que se atopa o visitante que chega desde Arahova a Delfos. O epíteto Pronaia (“ante o templo”) relaciónase coa posición do santuario, inmediatamente anterior ao templo de Apolo. Segundo outra versión, débese a unha corrupción do epíteto Pronoia (”revisora”), que se outorgaba a Atenea.
No santuario de Atenea localizáronse os vestixios máis
antigos no espazo de Delfos. Desde época micénica debeu recibir culto unha
divindade feminina, segundo despréndese das numerosas estatuíñas de barro que
se atoparon no estrato micénico da escavación. Esta divindade foi reemprazada
despois pola deusa Atenea que, segundo a tradición, naceu da cabeza de Zeus. As
actividades de Atenea sitúanse no campo da sabedoría, a inventiva e a
habilidade. É a deusa que ensinou aos homes as artes da guerra, pero tamén os
labores pacíficos da vida cotiá. Dela aprenderon a mulleres a tecer e coser, e
os homes a arte da cerámica, a ferrería, o arado e a doma do cabalo. Neste
marco é reverenciada como Atenea Ergane (protectora das artes). En Delfos era
coñecida tamén co epíteto Zoteria, que procede do sentido zone (cinto). Este
apelativo remite ben á dimensión guerreira de Atenea, ben á súa relación coa
fertilidade e o parto.
O uso relixioso do lugar foi interrompido desde a época
prehistórica, e xunto a Atenea recibiron culto outras divindades como Zeus,
Ártemis, a deusa do parto Elithyia, e Hygeia (a Saúde). Separadamente dos
altares das divindades mencionadas e os templos de Atenea, no santuario
descubríronse os restos de edificios rectangulares, tesouros e un edificio
circular, o Tholos.
Os edificios do santuario de Atenea foron construídos sobre
un terreo aplanado duns 40 x 25 metros, rodeado dun recinto con accesos en
varios puntos. O lado norte do recinto tiña ademais función de apoio.
Ao oeste dos tesouros de construíuse ao redor do 400-390
a.C. un edificio circular, o tholos. Segundo os datos do escritor romano
Vitrubio, o seu arquitecto foi Teodoro de Focea, en Asia Menor. O tholos de
Delfos, xunto co de Epidauro, constitúe unha espléndida expresión da
arquitectura grega antiga. O uso dos edificios circulares non se concretou ata
hoxe, pero segundo certa opinión daríase
culto neles a heroes locais. O tholos do santuario de Atenea é de orde dórica e
foi construído en mármore pentélico e pedra negra de Eleusis. Dispoñía dunha cella
circular, en cuxas paredes apoiaban dez columnas corintias. No exterior da
cella había vinte columnas dóricas colocadas en círculo sobre unha plataforma
de tres graos. O teito do edificio era cónico, con tellas de mármore e un
remate central coa figura de Nike (Vitoria).
O friso do perímetro de columnas exterior estaba decorado
con métopas en relevo que representaban escenas da mítica batalla das Amazonas
e a Centauromaquia. Representacións escultóricas de fazañas de heroes e da
asemblea dos deuses había tamén no friso da cella. Fragmentos da decoración do
tholos exhíbense hoxe no Museo de Delfos.
Texto procedente de Delfos. El sitio arqueológico y el
museo. Atenas, Xaitali, 2008.
Fotos de Iniciarte.
Fotos de Iniciarte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario