1/3/08

San Martiño de Noia (A Coruña)

Adicada ao patrón da vila medieval de Noia (ubicada no fondo da fermosa ría de Muros), foi reedificada en 1434, tal e como se pode ler na cara inferior do lintel. Hai probas arqueolóxicas e documentais da existencia anterior doutro templo. É un significativo exemplo da arquitectura gótica arcaica galega. Foi declarada monumento nacional, e a zona que a rodea conxunto histórico-artístico, en 1931.

Estivo inicialmente concibida para facela con tres naves, sendo finalmente dunha soa de cuberta de madeira sobre arcos transversais apontados, dividida en cinco tramos por arcos dobrados. A súa ábsida é poligonal cuberta con bóveda de abano e altos ventanais nos vans.

A portada oeste amosa unha gran riqueza escultórica, de clara influencia compostelá: apóstolos, Anunciación, doce anciáns músicos e, no centro, o Pantocrátor e anxos. A fachada principal está dominada por un potente rosetón. Conta cunha soa torre que é do século XVII. No lugar onde debería estar a outra torre atópase un reloxo doado polo marqués de Monroy

O interior do templo destaca a capela renacentista da Anunciación ou de Valderrama. Cúbrese con bóveda estrelada sobre lampetas, construídas polos torsos dos catro evanxelistas e posúe un magnífico retablo. Tamén é da salientar as fermosas e elevadas vidreiras da cabeceiras.


A presenza do templo da vida de Noi é permanente. Son múltiles e variadas as historias relacionadas co pasado da vila que teñen por centro este fermoso templo.



2 comentarios:

Sarinsky dijo...

Una iglesia verdaderamente preciosa,los de Noia ya pueden estar contentos de tener un monumento histórico como este.

P.D: tengo una duda con respecto a su reedificación en el 14434...?¿

Antonio Martínez dijo...

Nunca sei se estás en serio ou en broma...