3/3/08

Miguel Anxo e a Bóveda da Capela Sixtina


En maio de 1508, cedendo sen entusiasmo ás presións do temperamental papa Xulio II, Miguel Anxo acepta abandonar a escultura e dedicarse a unha vasta obra pictórica: a decoración ao freco da Capela Sixtina en Roma. A gran sala rectangular toma o seu nome de Sixto IV, o pontífice que encargou tamén os frescos das paredes, obra de mestres como Botticelli, Perugino e Ghirlandaio. A bóveda simulaba simplemente un ceo estrelado, Xulio II, ambicioso, autoritario, impulsivo, quería deixar unha pegada profunda na historia da Igrexa e no aspecto da sede do papado.


Ademais de chamar a Rafael para que pintase ao freco o seu apartamento privado e encargar a Bramante a realización da nova e inmensa basílica de san Pedro, o pontífice ordena a Miguel Anxo que realice unha nova decoración para a bóveda da Sixtina, pintando a secuencia dos doce apóstolos. Un proxecto moi sinxelo para Miguel Anxo que, aos trinta e tres anos, atópase xa na súa madurez artística. Aínda que non deixa de queixarse polas condicións de traballo, da insolvencia do papa nos pagos, da obrigación de adaptase a unha forma expresiva que lle resultaba pouco atractiva, o mestre concibe un dos máis grandiosos traballos da historia da arte.


Simulando un rico pero rigorosos marco arquitectónico, Miguel Anxo concibe os máis de mil metros cadrados do inmenso fresco como unha celebración da creación divina e, ao mesmo tempo, da beleza do corpo humano. Na parte central da bóveda atópanse nove escenas do Xénese, dentro de espazos rectangulares alternativamente grandes e pequenos. Nas tres primeiras esceas destaca Deus, protagonista absoluto, sobrevoando o universo que vai creando. A cuarta escea é a celebérrima Creación de Adán, emocionante punto central de toda a bóveda. Nun instante eterno, suspendido no baleiro, se infunde a vida a un ser creado a imaxe e semellanza de Deus. Adán levanta lentamente o corpo forte e áxil da cima montañosa: o seu dedo aínda incerto diríxese ao de Deus, absolutamente firme, cun intercambio mutuo de miradas, de vontade, de potencia. As escenas posteriores, ata a Salvación de Noé, parecen unha consecuencia dese acto fatal.

Como se sabe, Miguel Anxo realizou a gran obra, concluída en 1512, coa axuda puramente inicial duns aprendices encargados da preparación de cores e doutras tarefas marxinais. Logo de pór a proba, na escena do Diluvio Universal, a dous posibles colaboradores, decidiu traballar só, sobrepóndose a unha fatiga física esgotadora. A posición que debía adoptar nas estadas causoulle graves consecuencias, como a artrite, a escoliose e unha irritación nos ollos provocada polo goteo da cor.

1 comentario:

Sarinsky dijo...

"La creación de Adán" es sin duda la escena que más me llama la atención,no solo por el tema,sino por las posturas de las figuras representadas.
Y ahora que se puede observar esta maravilla durante todo el tiempo que quieras,a mi no me llegaria en una tarde...