19/12/22

Igrexa de São Miguel do Castelo (Guimaraes, Portugal)

 


A Igrexa de São Miguel do Castelo, tamén referida como Capela de São Miguel do Castelo, localízase xunto ao Castelo de Guimarães, na freguesía de Oliveira do Castelo, cidade e concello de Guimarães, distrito de Braga, en Portugal.



De acordo coa lenda aquí foi bautizado o primeiro rei de Portugal, D. Afonso Henriques, o que parece carecer de fundamento, dado o templo dátase do século XIII. Aínda así, gárdase aquí a pretendida pía bautismal que foi utilizada na ceremonia xa que hai unha lápida na que pon “Nesta pía foi bavtizado El-Rey Dom Afonso Henriques pelo Arcebispo S. Geraldo no anno do Senhor 1106”.



O templo foi mandado construír pola Colexiata de Nossa Senhora da Oliveira, tendo sido consagrada polo entón bispo de Braga, Silvestre Godinho, en 1239. Pola súa datación, o románico xa estaba pasara do seu esplendor, e parece preanunciar en algúns aspectos a ascensión do gótico.






Ao longo dos séculos foi caendo en ruínas, estado no que se encontraba a mediados do século XIX, cando a Sociedade Martins Sarmento decidiu restaurala.




Encóntrase clasificada como Monumento Nacional desde o 16 de xuño de 1910, ao mesmo tempo cos veciños Castelo de Guimarães e Pazo dos Duques de Bragança, formando así un complexo de grande importancia non só histórica, como tamén arquitectónica.








Ten unha fermosa sinxeleza decorativa e no seu interior, no chan, contén un conxunto de lápidas con motivos guerreiros e relixiosos; unha talla de madeira policromada de San Miguel e unha escultura que representa á Virxe con Neno, realizada en pedra caliza policromada.










Información da Wikipedia, Visit Portugal e Turismo en Portugal.

Fotos: INICIARTE


No hay comentarios: