O pasado venres 4 de Decembro, o alumnado da clase
de 2º BACH B do IES Afonso X O Sabio acudimos á igrexa románica de Santa María de
Cambre co motivo de visualizar mellor, se cabe, os coñecementos da arte
románica adquiridos nas clases de Historia da Arte.
O encargado de mostrarnos a beleza e a
espectacularidade desta igrexa foi Ramón bOGA,un home que ademais de
historiador, participa nunha agrupación política (é o concelleiro de Cultura de
Cambre).
Desde o primeiro momento no que Ramón comezou falar
desta obra de arte, quedei abraiado, non só pola multitude de coñecementos que
tiña, senón pola súa capacidade para relacionar todas as diferentes
interpretacións da igrexa.
A visita comezou coa explicación da relación
entre o alzado e a planta (xa que nalgúns aspectos do alzado compártese a
planta da cruz latina). Continuou coa análise das diferentes molduras
decorativas das arquivoltas do arco que representaban múltiples esceas
importantes da Biblia. Dende o meu punto de vista, o máis importante foi o
paralelismo ao representar os dous libros que compoñen a Biblia, a primeira, na
clave da arquivolta exterior, e a segunda, nas ménsulas situadas nos lados baixo
o lintel da porta.
O seguinte foi entrar na igrexa e, como é propio
das igrexas románicas, a primeira visión apunta cara o altar.
No seu interior atópanse diferentes programas
escultóricos decorando os capiteis ou as basas.
Pareceume unha visita bastante interesante, tanto
desde o punto vista artístico, coma desde o punto de vista da aprendizaxe para
o noso exame. Ademais esta visita facilitounos, polo menos a min, a
visualización de moito vocabulario.
Carlos Santiago Pier 2º BACH B
No hay comentarios:
Publicar un comentario